Déixovos o manifesto que preparou para o día do peón BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) por se queredes botarlle un vistazo.
domingo, 13 de noviembre de 2022
REUNIÓN SEMANA NEVE 22-23
Tras rematar o prazo de
entrega de autorizacións temos un total de 85
alumnos de 6º de EP, 2º e 3º de ESO para dita actividade. Levaremos dous
autocares de 55 prazas. A viaxe será, se a neve o permite, do
día 18 ao 23 de decembro (esquiando
os días 19, 20, 21 e 22) na estación de Formigal (Jaca, provincia de Huesca). O
prezo por persona estará entre os 415 - 435 euros. No caso de querer facer snow na estación de Formigal non cobran
suplemento. Para facer snow deberán levar protectores de pulso e contar coa
autorización da súa familia.
Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que ingresar os 100 euros na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outro ata un máximo de catro.
MATERIAL: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.
Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o MARTES 15 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.
martes, 1 de noviembre de 2022
DATAS EXAME TEÓRICO ESO
As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:
1º ESO B: 07 de novembro
2º ESO A: 17 de novembro
2º ESO B: 14 de novembro
3º ESO A: 16 de novembro
3º ESO B: 08 de novembro
4º ESO A: 14 de novembro
4º ESO B: 15 de novembro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)