domingo, 27 de septiembre de 2026

NORMAS MATERIAL DE LECER ESO

A partir do luns 28 de setembro estará a disposición do alumnado de ESO o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá tres taboleiros de xadrez e un parchís para usar cando non veña algun profesor e non deixara traballo.

NORMAS MATERIAL LECER ESO 

1. O material de lecer para o alumnado da ESO estará nun baúl PECHADO na entrada do edificio da ESO. Haberá 4 encargados (un por nivel) que se encargarán de abrir e pechar o baúl e cerciorarse de que non falte nada.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO. Cando un balón sae fóra do recinto é responsabilidade do alumno que o lanzou ir a recollelo, sempre co permiso do profesorado de garda. De non ser posible avisarase a un dos profesores de EF.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para que o encargado de pechar o baúl poida chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE.

 

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, SEMPRE E CANDO non se lles dé co pé. SÓ SE PODE XOGAR AO FÚTBOL NO CAMPO DE FÚTBOL-SALA.

 

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL. Individualmente o alumnado que non cumpra TODAS AS NORMAS terá un parte de incidencias.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

8. ENCARGADOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE: 1º ESO (Manuel), 2º ESO (Carlos Pardo), 3º ESO (Nico), 4º ESO (Marcu)


MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)           - Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)                        - Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO



jueves, 17 de septiembre de 2026

AULA VIRTUAL EDUCACIÓN FÍSICA

Os cursos da ESO da aula virtual xa están actualizados. 

Todo o alumnado está tamén matriculado no seu curso correspondente. 

Lembrade entrar para comprobar que o voso usuario e contrasinal funcionan correctamente. 

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA

Neste curso 2026-27 contamos con tres profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:

Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

miércoles, 9 de septiembre de 2026

INICIO CURSO 26-27


O 09 de setembro iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar. Agardamos que estedes ilusionados e con ganas de voltar ao centro. Espero que ao final sexa outro ano importante nas vosas vidas e que teñades algunha aprendizaxe ou vivencia que lembredes no tempo.

Unha aperta a tod@s, a verdade é que xa hai ganas de vervos.
Benvid@s a tod@s.

jueves, 30 de julio de 2026

SEMPRE CON NÓS

Hoxe temos a nosa alma de loito pola mala nova de sermos un menos na nosa pequena comunidade educativa. Nunca é doado asumir que as nosas vidas teñen un fin, e menos cando esa persoa está no comezo da súa vida. Ás veces atopámonos con estas situacións que nos deixan o corazón cheo desta dor e desta tristura que non nos deixarán esquecelo. 

Moito ánimo a todos os que nalgún momento poidemos disfrutar do seu sorriso. Queremos dende aquí dar ánimos á súa familia, Provoca unha tristura inmensa contemplar como xóvenes con toda a súa vida por diante nos abandonan, deixándonos con esta sensación de dor e de impotencia, con este resquemor de que a vida é inxusta.

Descansa en paz, Juan. Sempre permanecerás na nosa memoria. Sempre con nós.

miércoles, 1 de julio de 2026

DESPEDIDA ANTÓN

Unha das razóns polas que  me doe deixar a xefatura de estudos é perder como profe do centro a Antón. Dende que chegou coa súa cara de neno sorrinte tívenlle sempre unha envexa sá, como non terlla a alguén a quen doblo en idade e perímetro abdominal?. Sempre atento e colaborador, preparando con esmero as súas clases de inglés, e como non, as de educación física. 

Cumpriu con nota as súas tarefas como xefe de departamento malia non poder contar en moitos momentos coa axuda dun xefe de estudos enleado con partes e máis partes de incidencias.

Apuntouse a todas as actividades que organizamos: a neve, o Camiño de Santiago, o surf... e incluso atreveuse a ir con Diego á excursión a Tenerife cos de 4ª de ESO (aínda que bueno, en realidade foron os de 4ª os que os coidaron a eles).

Bueno Antón, xa sabes que o CPI Cruz do Sar sempre será a túa casa e que podes contar con nós para todo o que precises, botarémoste en falta, sobre todo eu que quedo de novo só no departamento.

Grazas pola túa profesionalidade, pola túa man co alumnado, por apuntarte a todo sen dubidalo, e sobre todo pola compaña. E perdoa por non poder atenderte sempre como merecías. Un abrazo enorme!!!!

sábado, 27 de junio de 2026

FIN DE CURSO 25-26

Pois xa é tempo de verán. Supoño que xa estaredes disfrutando das vosas "merecidísimas" vacacións. Dende aquí, tratando de esquecer as máis de 200 faltas de conduta deste curso, desexarvos un bo verán, que descandedes, meditedes, leades un pouco e recarguedes pilas para o curso 26-27.

Vémonos en setembro.


viernes, 26 de junio de 2026

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 22 de xuño  foron os seguintes: 

1º ESO A:      21 alumnos        19  aprobados      03 suspensos           86% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados       01 suspensos           95% aprobados

TOTAL 1º      41 alumnos        37 aprobados       04 suspensos           90% aprobados


2º ESO A:      27 alumnos        26 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        24 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

TOTAL 2º     52 alumnos        50 aprobados       02 suspensos           96% aprobados


3º ESO A:     27 alumnos         27 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     26 alumnos         24 aprobados        02 suspensos         92% aprobados

TOTAL 3º     53 alumnos         51 aprobados        02 suspensos         94% aprobados


4º ESO A:     13 alumnos         13  aprobados       00 suspensos        100% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados        00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   39 alumnos         39 aprobados         00 suspensos        100% aprobados


TOTAL        175  alumnos       166 aprobados      08 suspensos          95% aprobados

lunes, 22 de junio de 2026

MEMORIA ACAMPADA 25-26

O venres 19 e o sábado 20 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do CPI Cruz do Sar o venres e pasamos a mañá montando as tendas, xogando ao fútbol e pegándose un chapuzón na piscina.

Pola tarde calor en Lagares para facer a nosa tradicional ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume chegando este ano ata a présa que hai río arriba. Abel e Rocío amables e atentos coma sempre. 

O sábado ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar máis piscina (con elementos ameazantes), xogos e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. 

Este ano o comportamento nocturno deixou bastante que desexar, pero diso xa falamos no bus de volta a Bergondo. Vémonos pronto.. 

FOTOS ACAMPADA 25-26

Déixovos o enlace ás fotos que sacamos na acampada. Se algún de vós quere que subamos algunha enviádemas polo grupo. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou ide á foto da actividade no menú da esquerda. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/gGPCWyTZJUd4KjWC7