sábado, 27 de junio de 2026

FIN DE CURSO 25-26

Pois xa é tempo de verán. Supoño que xa estaredes disfrutando das vosas "merecidísimas" vacacións. Dende aquí, tratando de esquecer as máis de 200 faltas de conduta deste curso, desexarvos un bo verán, que descandedes, meditedes, leades un pouco e recarguedes pilas para o curso 26-27.

Vémonos en setembro.


viernes, 26 de junio de 2026

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 22 de xuño  foron os seguintes: 

1º ESO A:      21 alumnos        19  aprobados      03 suspensos           86% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados       01 suspensos           95% aprobados

TOTAL 1º      41 alumnos        37 aprobados       04 suspensos           90% aprobados


2º ESO A:      27 alumnos        26 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        24 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

TOTAL 2º     52 alumnos        50 aprobados       02 suspensos           96% aprobados


3º ESO A:     27 alumnos         27 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     26 alumnos         24 aprobados        02 suspensos         92% aprobados

TOTAL 3º     53 alumnos         51 aprobados        02 suspensos         94% aprobados


4º ESO A:     13 alumnos         13  aprobados       00 suspensos        100% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados        00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   39 alumnos         39 aprobados         00 suspensos        100% aprobados


TOTAL        175  alumnos       166 aprobados      08 suspensos          95% aprobados

lunes, 22 de junio de 2026

MEMORIA ACAMPADA 25-26

O venres 19 e o sábado 20 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do CPI Cruz do Sar o venres e pasamos a mañá montando as tendas, xogando ao fútbol e pegándose un chapuzón na piscina.

Pola tarde calor en Lagares para facer a nosa tradicional ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume chegando este ano ata a présa que hai río arriba. Abel e Rocío amables e atentos coma sempre. 

O sábado ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar máis piscina (con elementos ameazantes), xogos e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. 

Este ano o comportamento nocturno deixou bastante que desexar, pero diso xa falamos no bus de volta a Bergondo. Vémonos pronto.. 

FOTOS ACAMPADA 25-26

Déixovos o enlace ás fotos que sacamos na acampada. Se algún de vós quere que subamos algunha enviádemas polo grupo. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou ide á foto da actividade no menú da esquerda. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/gGPCWyTZJUd4KjWC7

martes, 16 de junio de 2026

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 16-26

E chega ese momento da vida en que é preciso marchar, o cambio está iniciado e non podemos botar a vista atrás. Debemos mirar cara adiante con decisión e valentía, buscar e amoldarnos a novas amizades, abrirnos a ese mundo que nos agarda e exploralo sen medo.

Pero se nalgún momento perdedes parte dese empuxe e vitalidade sempre teredes aquí o voso centro como tedes á vosa familia, sabedes que todos seredes sempre ben recibidos. Se algún día precisades a nosa axuda ou simplemente necesitades renovar a vosa autoestima seguiremos aquí intentando aportar ese gran de area na inmensidade dos vosos corazóns.

Cada un de nós temos un camiño que debemos percorrer para chegar  aos nosos soños, loitade sen desesperar.

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdoádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.

UN ABRAZO ENORME

lunes, 8 de junio de 2026

AUTORIZACIÓN RAFTING 25-26

departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o xoves día 25 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·   O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·   saída será do concello de Bergondo  ás 08:30 h. do día 25 de Xuño.

·   Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.

·   A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.

·   A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·  O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €)  e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).

·    É obrigatorio saber nadar.

·  MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·    Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue, Antón Ares e Fernando Pazos.

·  A data límite para entregar as autorizacións é o martes 09 de xuño e para pagar o luns 15 de xuño.

PROGRAMACIÓN E MATERIAL ACAMPADA

  1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO (venres 19 de xuño)

09:45   Saída de Bergondo (CPI Cruz do SAR)
10:30   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:45   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS (Sábado 20 de xuño)
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
18:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo
19:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo (CONCELLO)
 
PREZO:  50  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o VENRES 12 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
 
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas ou escarpíns, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna