martes, 16 de junio de 2026

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 16-26

E chega ese momento da vida en que é preciso marchar, o cambio está iniciado e non podemos botar a vista atrás. Debemos mirar cara adiante con decisión e valentía, buscar e amoldarnos a novas amizades, abrirnos a ese mundo que nos agarda e exploralo sen medo.

Pero se nalgún momento perdedes parte dese empuxe e vitalidade sempre teredes aquí o voso centro como tedes á vosa familia, sabedes que todos seredes sempre ben recibidos. Se algún día precisades a nosa axuda ou simplemente necesitades renovar a vosa autoestima seguiremos aquí intentando aportar ese gran de area na inmensidade dos vosos corazóns.

Cada un de nós temos un camiño que debemos percorrer para chegar  aos nosos soños, loitade sen desesperar.

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdoádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.

UN ABRAZO ENORME

No hay comentarios:

Publicar un comentario