lunes, 25 de mayo de 2026

AUTORIZACIÓN ACAMPADA 25-26

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar de Bergondo está a organizar unha acampada de dous días dirixida ao alumnado de 2º de ESOEsta actividade está enmarcada No Proxecto Didáctico do Seminario para este curso dentro do Bloque Temático de Actividades no medio natural.

Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir  ( a non ser que sexa unha causa xustificada).


A actividade realizaríase os días 19 e 20 de xuño (venres e sábado) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría  sobre os 45-50 euros. Este curso a actividade estará aberta ao alumnado de 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividadeO prazo para entregar a autorización é ata o luns 01 de xuño.


O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, O transporte en bus ao cámping e ás actividades estaría en principio subvencionado polo Concello.

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para os cursos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 04 de xuño
1º ESO B: 01 de xuño
2º ESO A: 26 de maio
2º ESO B: 26 de maio
3º ESO A: 26 de maIo
3º ESO B: 10 de xuño
4º ESO A: 25 de maio
4º ESO B: 25 de maio

miércoles, 20 de mayo de 2026

FOTOS ALFABODY 1º-2º ESO


Déixovos unhas fotos para os de 1º e 2º de ESO traballando o "alfabody". O alfabody é unha dinámica na que os participantes deben formar letras, palabras ou fórmulas matemáticas utilizando únicamente os corpos. Nesta ocasión a palabra representada é o nome do noso CPI.



FOTOS E MEMORIA SURF 25-26

O martes 19 e o mércores 20 de maio realizamos a actividade de surf cos grupos de 1° de ESO. Este ano fixemos a actividade de surf separados por grupos porque eramos máis de 25, ao final contamos con 30. O primeiro día estivo cuberto ao principio e despois empezou  a abrir; o segundo día fixo sol pero sen calor excesiva.

Grazas a tod@s os que participastes, espero que disfrutarades da experiencia e que algún día poidades repetir. O surf é un deporte que require tempo e unhas condición axeitadas para aprender. O ideal sería ir polo menos dous días pero o tempo non nos da para máis.

Déixovos tamén o enlace as fotos do blogue que sacamos durante os dous días.

https://photos.app.goo.gl/yBRFQi3Y3eSJax2JA

sábado, 2 de mayo de 2026

40.000 VISITAS

Hoxe alcanzamos entre todo@s as 40.000 visitas, un número redondo que vai medrando pouco a pouco grazas aos que nos seguides, e que de vez en cando ides entrando neste blogue do departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar. Cantos alumn@s teño xa visto pasar por este cole, agradecervos as vosas visitas, sen vós estar aquí non sería posible. GRAZAS