jueves, 30 de julio de 2026

SEMPRE CON NÓS

Hoxe temos a nosa alma de loito pola mala nova de sermos un menos na nosa pequena comunidade educativa. Nunca é doado asumir que as nosas vidas teñen un fin, e menos cando esa persoa está no comezo da súa vida. Ás veces atopámonos con estas situacións que nos deixan o corazón cheo desta dor e desta tristura que non nos deixarán esquecelo. 

Moito ánimo a todos os que nalgún momento poidemos disfrutar do seu sorriso. Queremos dende aquí dar ánimos á súa familia, Provoca unha tristura inmensa contemplar como xóvenes con toda a súa vida por diante nos abandonan, deixándonos con esta sensación de dor e de impotencia, con este resquemor de que a vida é inxusta.

Descansa en paz, Juan. Sempre permanecerás na nosa memoria. Sempre con nós.

miércoles, 1 de julio de 2026

DESPEDIDA ANTÓN

Unha das razóns polas que  me doe deixar a xefatura de estudos é perder como profe do centro a Antón. Dende que chegou coa súa cara de neno sorrinte tívenlle sempre unha envexa sá, como non terlla a alguén a quen doblo en idade e perímetro abdominal?. Sempre atento e colaborador, preparando con esmero as súas clases de inglés, e como non, as de educación física. 

Cumpriu con nota as súas tarefas como xefe de departamento malia non poder contar en moitos momentos coa axuda dun xefe de estudos enleado con partes e máis partes de incidencias.

Apuntouse a todas as actividades que organizamos: a neve, o Camiño de Santiago, o surf... e incluso atreveuse a ir con Diego á excursión a Tenerife cos de 4ª de ESO (aínda que bueno, en realidade foron os de 4ª os que os coidaron a eles).

Bueno Antón, xa sabes que o CPI Cruz do Sar sempre será a túa casa e que podes contar con nós para todo o que precises, botarémoste en falta, sobre todo eu que quedo de novo só no departamento.

Grazas pola túa profesionalidade, pola túa man co alumnado, por apuntarte a todo sen dubidalo, e sobre todo pola compaña. E perdoa por non poder atenderte sempre como merecías. Un abrazo enorme!!!!