jueves, 30 de julio de 2026

SEMPRE CON NÓS

Hoxe temos a nosa alma de loito pola mala nova de sermos un menos na nosa pequena comunidade educativa. Nunca é doado asumir que as nosas vidas teñen un fin, e menos cando esa persoa está no comezo da súa vida. Ás veces atopámonos con estas situacións que nos deixan o corazón cheo desta dor e desta tristura que non nos deixarán esquecelo. 

Moito ánimo a todos os que nalgún momento poidemos disfrutar do seu sorriso. Queremos dende aquí dar ánimos á súa familia, Provoca unha tristura inmensa contemplar como xóvenes con toda a súa vida por diante nos abandonan, deixándonos con esta sensación de dor e de impotencia, con este resquemor de que a vida é inxusta.

Descansa en paz, Juan. Sempre permanecerás na nosa memoria. Sempre con nós.

miércoles, 1 de julio de 2026

DESPEDIDA ANTÓN

Unha das razóns polas que  me doe deixar a xefatura de estudos é perder como profe do centro a Antón. Dende que chegou coa súa cara de neno sorrinte tívenlle sempre unha envexa sá, como non terlla a alguén a quen doblo en idade e perímetro abdominal?. Sempre atento e colaborador, preparando con esmero as súas clases de inglés, e como non, as de educación física. 

Cumpriu con nota as súas tarefas como xefe de departamento malia non poder contar en moitos momentos coa axuda dun xefe de estudos enleado con partes e máis partes de incidencias.

Apuntouse a todas as actividades que organizamos: a neve, o Camiño de Santiago, o surf... e incluso atreveuse a ir con Diego á excursión a Tenerife cos de 4ª de ESO (aínda que bueno, en realidade foron os de 4ª os que os coidaron a eles).

Bueno Antón, xa sabes que o CPI Cruz do Sar sempre será a túa casa e que podes contar con nós para todo o que precises, botarémoste en falta, sobre todo eu que quedo de novo só no departamento.

Grazas pola túa profesionalidade, pola túa man co alumnado, por apuntarte a todo sen dubidalo, e sobre todo pola compaña. E perdoa por non poder atenderte sempre como merecías. Un abrazo enorme!!!!

sábado, 27 de junio de 2026

FIN DE CURSO 25-26

Pois xa é tempo de verán. Supoño que xa estaredes disfrutando das vosas "merecidísimas" vacacións. Dende aquí, tratando de esquecer as máis de 200 faltas de conduta deste curso, desexarvos un bo verán, que descandedes, meditedes, leades un pouco e recarguedes pilas para o curso 26-27.

Vémonos en setembro.


viernes, 26 de junio de 2026

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 22 de xuño  foron os seguintes: 

1º ESO A:      21 alumnos        19  aprobados      03 suspensos           86% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados       01 suspensos           95% aprobados

TOTAL 1º      41 alumnos        37 aprobados       04 suspensos           90% aprobados


2º ESO A:      27 alumnos        26 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        24 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

TOTAL 2º     52 alumnos        50 aprobados       02 suspensos           96% aprobados


3º ESO A:     27 alumnos         27 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     26 alumnos         24 aprobados        02 suspensos         92% aprobados

TOTAL 3º     53 alumnos         51 aprobados        02 suspensos         94% aprobados


4º ESO A:     13 alumnos         13  aprobados       00 suspensos        100% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados        00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   39 alumnos         39 aprobados         00 suspensos        100% aprobados


TOTAL        175  alumnos       166 aprobados      08 suspensos          95% aprobados

lunes, 22 de junio de 2026

MEMORIA ACAMPADA 25-26

O venres 19 e o sábado 20 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do CPI Cruz do Sar o venres e pasamos a mañá montando as tendas, xogando ao fútbol e pegándose un chapuzón na piscina.

Pola tarde calor en Lagares para facer a nosa tradicional ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume chegando este ano ata a présa que hai río arriba. Abel e Rocío amables e atentos coma sempre. 

O sábado ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar máis piscina (con elementos ameazantes), xogos e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. 

Este ano o comportamento nocturno deixou bastante que desexar, pero diso xa falamos no bus de volta a Bergondo. Vémonos pronto.. 

FOTOS ACAMPADA 25-26

Déixovos o enlace ás fotos que sacamos na acampada. Se algún de vós quere que subamos algunha enviádemas polo grupo. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou ide á foto da actividade no menú da esquerda. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/gGPCWyTZJUd4KjWC7

martes, 16 de junio de 2026

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 16-26

E chega ese momento da vida en que é preciso marchar, o cambio está iniciado e non podemos botar a vista atrás. Debemos mirar cara adiante con decisión e valentía, buscar e amoldarnos a novas amizades, abrirnos a ese mundo que nos agarda e exploralo sen medo.

Pero se nalgún momento perdedes parte dese empuxe e vitalidade sempre teredes aquí o voso centro como tedes á vosa familia, sabedes que todos seredes sempre ben recibidos. Se algún día precisades a nosa axuda ou simplemente necesitades renovar a vosa autoestima seguiremos aquí intentando aportar ese gran de area na inmensidade dos vosos corazóns.

Cada un de nós temos un camiño que debemos percorrer para chegar  aos nosos soños, loitade sen desesperar.

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdoádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.

UN ABRAZO ENORME

lunes, 8 de junio de 2026

AUTORIZACIÓN RAFTING 25-26

departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o xoves día 25 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·   O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·   saída será do concello de Bergondo  ás 08:30 h. do día 25 de Xuño.

·   Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.

·   A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.

·   A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·  O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €)  e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).

·    É obrigatorio saber nadar.

·  MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·    Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue, Antón Ares e Fernando Pazos.

·  A data límite para entregar as autorizacións é o martes 09 de xuño e para pagar o luns 15 de xuño.

PROGRAMACIÓN E MATERIAL ACAMPADA

  1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO (venres 19 de xuño)

09:45   Saída de Bergondo (CPI Cruz do SAR)
10:30   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:45   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS (Sábado 20 de xuño)
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
18:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo
19:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo (CONCELLO)
 
PREZO:  50  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o VENRES 12 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
 
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas ou escarpíns, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

lunes, 25 de mayo de 2026

AUTORIZACIÓN ACAMPADA 25-26

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar de Bergondo está a organizar unha acampada de dous días dirixida ao alumnado de 2º de ESOEsta actividade está enmarcada No Proxecto Didáctico do Seminario para este curso dentro do Bloque Temático de Actividades no medio natural.

Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir  ( a non ser que sexa unha causa xustificada).


A actividade realizaríase os días 19 e 20 de xuño (venres e sábado) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría  sobre os 45-50 euros. Este curso a actividade estará aberta ao alumnado de 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividadeO prazo para entregar a autorización é ata o luns 01 de xuño.


O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, O transporte en bus ao cámping e ás actividades estaría en principio subvencionado polo Concello.

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para os cursos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 04 de xuño
1º ESO B: 01 de xuño
2º ESO A: 26 de maio
2º ESO B: 26 de maio
3º ESO A: 26 de maIo
3º ESO B: 10 de xuño
4º ESO A: 25 de maio
4º ESO B: 25 de maio

miércoles, 20 de mayo de 2026

FOTOS ALFABODY 1º-2º ESO


Déixovos unhas fotos para os de 1º e 2º de ESO traballando o "alfabody". O alfabody é unha dinámica na que os participantes deben formar letras, palabras ou fórmulas matemáticas utilizando únicamente os corpos. Nesta ocasión a palabra representada é o nome do noso CPI.



FOTOS E MEMORIA SURF 25-26

O martes 19 e o mércores 20 de maio realizamos a actividade de surf cos grupos de 1° de ESO. Este ano fixemos a actividade de surf separados por grupos porque eramos máis de 25, ao final contamos con 30. O primeiro día estivo cuberto ao principio e despois empezou  a abrir; o segundo día fixo sol pero sen calor excesiva.

Grazas a tod@s os que participastes, espero que disfrutarades da experiencia e que algún día poidades repetir. O surf é un deporte que require tempo e unhas condición axeitadas para aprender. O ideal sería ir polo menos dous días pero o tempo non nos da para máis.

Déixovos tamén o enlace as fotos do blogue que sacamos durante os dous días.

https://photos.app.goo.gl/yBRFQi3Y3eSJax2JA

sábado, 2 de mayo de 2026

40.000 VISITAS

Hoxe alcanzamos entre todo@s as 40.000 visitas, un número redondo que vai medrando pouco a pouco grazas aos que nos seguides, e que de vez en cando ides entrando neste blogue do departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar. Cantos alumn@s teño xa visto pasar por este cole, agradecervos as vosas visitas, sen vós estar aquí non sería posible. GRAZAS

jueves, 23 de abril de 2026

ACTIVIDADE SURF 25-26

Rematado o prazo para a entrega das autorizacións temos un total de 33 alumnos de 1º de ESO para a actividade. Polo tanto cada grupo irá á actividade un só día.


·        MARTES 19 de MAIO: 1º ESO A (16 alumnos)
·        MÉRCORES 20 de MAIO: 1º ESO B (17 alumnos)


prezo da actividade será de 15 €. A actividade durará aproximadamente 2 horas. Poden entregar o importe durante a semana do 04 ao 08 de maio aos profesores de EF ou facer un Bizum ao número 639817277.


O alumnado deberá levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar. Que leven tamén auga e a súa merenda.



Horario da actividade:
09:30                    Saída do centro CPI Cruz do Sar
10:00 a 12:00       SURF
12:30                    Regreso ao centro CPI Cruz do Sar
13:00                    Chegada ao centro


O alumnado que realiza a actividade terá clases no CPI as dúas últimas horas, polo que deben levar unha mochila co material das dúas últimas clases e deixala na súa clase antes de ir á actividade.



jueves, 16 de abril de 2026

AUTORIZACIÓN SURF 25-26

Esta semana repartimos as autorizacións para a actividade de surf dirixida ao alumnado de 1º de ESO e que se realizará  os días 19 e 20 de maio. Deberá ser entregada antes do mércores 22 de abril.  O horario aproximado será de 09:20 a 13:30. É preciso saber nadar para participar na actividade.

O prezo da actividade é de 15 euros por día. O prezo está calculado para unha ratio de 25 participantes. 

- MENOS DE 25 ANOTADOS IREMOS TODOS OS DOUS DÍAS (30€) 

- MÁIS DE 25 ANOTADOS FAREMOS DOUS GRUPOS (15€) (1 DÍA) CADA GRUPO IRÁ SÓ UN DÍA

Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase dos días que irá cada grupo e do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar.  

lunes, 13 de abril de 2026

FOTOS ACROSPORT 25-26

Déixovos aos cursos de 3º de ESO as fotografías de acrosport que sacamos na última clase adicada ás grandes estructuras. Grazas a tod@s os que colaborastes na realización das figuras ou na toma das imáxenes. Pódedes atopar todas as imáxenes no enlace: 

https://photos.app.goo.gl/PSoXc5mUu4QUiiqM8

 

sábado, 11 de abril de 2026

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO 25-26


Déixovos o enlace coas fotos que fomos realizando entre todos ao logo destes dous días. Se queredes engadir ou retirar algunha comunicádemo. Unha aperta!

https://photos.app.goo.gl/4AGAG4Vxk2XZAWhq7

CAMIÑO SANTIAGO 25-26


O xoves 09 e o venres 10 de abril, 21 alumnos de 4º de ESO acompañados de tres profesores do centro rematamos a nosa peregrinación hacia Santiago de Compostela realizando as últimas dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: Arzúa-O Pedrouzo e O Pedrouzo- Santiago. Acabamos así a nosa primeira aproximación aos distintos Camiños na nosa comunidade.

Dúas etapas duras de aproximadamente 20 Km que se fixeron notar nas nosas pernas pouco afeitas a camiñar. En xeral houbo unha boa aceptación, o sol castigounos durante os dous días incrementando a dureza das etapas, aínda así e con grande forza de vontade por parte de algúns dos participantes conseguimos chegar á praza do Obradoiro e cumprir o noso obxectivo.

Espero que a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.

Grazas pola vosa participación e voso esforzo. Graciñas a Fernando e a Antón pola súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!

viernes, 27 de marzo de 2026

FOTOS TORNEO FÚTBOL SALA 25-26

Déixovos o enlace ás fotos do torneo. se tedes algunha e queredes que as suba mandádema.
Unha aperta.


RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA 25-26

Nove equipos participaron nesta nova edición do Torneo de fútbol-sala no CPI Cruz do Sar coa victoria final do equipo "OS CASTORES" nunha final contra o euipo "OS TORCEBOTAS". Noraboa aos campións e a todos os participantes e asistentes ao torneo. Coma sempre o ambiente nas gradas foi impresionante, con mascotas e bombo incluidos. Bueno, pois a descansar, recuperarse e a disfrutar dunhas merecidas vacacións.

   XOVES            PEPARDOS – LAR. MECÁNICA             (1-3)

09:45-10:15         LAR. MECÁNICA – CASTORES             (1-6)

10:15-10:45         MANCHESTER  – ALXECIRAS              (3-0)

10:45-11:15         PITUFIÑOS – GALÁCTICOS                  (2-8)

11:15-11:45          TORCEBOTAS – PINK DERCU´S        (10-1)

SEMIFINALES

11:45-12:15          CASTORES –  MANCHESTER              (2-2)  p. (4-3)

12:15-12:45          GALÁCTICOS - TORCEBOTAS           (1-8)

FINAL

13:00-13-30          CASTORES – TORCEBOTAS               (3-0) 

miércoles, 25 de marzo de 2026

RESULTADOS ESO 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria na materia de Educación Física foron os seguintes:

1º ESO A:      22 alumnos        19  aprobados      03 suspensos          86% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados       02 suspensos          90 % aprobados

TOTAL 1º      42 alumnos        37 aprobados       05 suspensos          88 % aprobados


2º ESO A:      27 alumnos         24 aprobados        03 suspensos         89 % aprobados

2º ESO B:      25 alumnos         19 aprobados        06 suspensos         76 % aprobados

TOTAL 2º      52 alumnos         43 aprobados        09 suspensos         83 % aprobados


3º ESO A:     27 alumnos         26 aprobados        01 suspensos         96% aprobados

3º ESO B:     26 alumnos         26 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

TOTAL 3º     53 alumnos         52 aprobados        01 suspensos         98% aprobados


4º ESO A:     13 alumnos         12  aprobados       01 suspensos        92% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         16 aprobados        00 suspensos      100% aprobados

TOTAL 4º:     29 alumnos        28  aprobados       01 suspensos        96% aprobados

TOTAL     176 alumnos  160 aprobados    16 suspensos    91% aprobados

FOTOS TORNEO XADREZ 25-26

Déixovos o enlace ás fotos que se sacaron durante esta edición do Torneo de xadrez. Xa sabedes coma sempre que se alguén quere que retiremos algunha imaxe que nos avise sen problema. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/BecqR64Xi9esVwcf7



RESULTADOS V TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR

  Este mércores 25 de marzo celebramos no CPI  Cruz do Sar o V Torneo de Xadrez. Houbo un total de 117 inscritos dos diferentes cursos da ESO e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Un torneo totalmente apaixonante a oito rondas nos que todos tiveron as súas oportunidades.

Felicitar a tod@s, en especial aos de 4º de Primaria que fixeron un gran torneo e a todos os que estivestes loitando ata a derradeira partida para ganar o torneo ou mellorar o voso posto. 

 Agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación  e uns estades máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ. A seguir disfrutando do xadrez, aínda que estaría ben que algúns practicarades algo durante o ano e non só cando toca torneo.

Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado:   Leire Sandá López
2º Clasificado:   Víct
or Santos Modia
3º Clasificado: Daniel Cubeiro Carro
4º Clasificado:   Carlos Cruz Fernández
Mellor alumna clasificada:   Leire Sandá López
Mellor  alumno clasificado de 4º de EP:   Esteban Meana Corzón
Mellor  alumna clasificada de 4º de EP:   Sabela Gómez Platas
Mellor clasificado de 5º de EP:   Altair Lamas Hernández
Mellor  alumna clasificada de 5º de EP: Laura Lage Varela
Mellor clasificado de 6º de EP:   Darío Mosquera Beceiro
Mellor  alumna clasificada de 6º de EP: Diana Sánchez Amado
Mellor clasificado de 1º de ESO: Roi Chacón Álvarez
Mellor  alumna clasificada de 1º ESO: Clara Porto Casal
Mellor clasificado de 2º de ESO: Álvaro Fernández Sánchez
Mellor  alumna clasificada de 2º ESO: Paula Vázquez Blas
Mellor clasificado de 3º de ESO:   Víctor Santos Modia
Mellor  alumna clasificada de 3º ESO: Laura Barros Muñiz
Mellor clasificado de 4º de ESO: Carlos Cruz Fernández
Mellor  alumna clasificada de 4º ESO: Leire Sandá López

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. 

Tamén, coma sempre, quería pedir desculpas por ter cometido algun erro durante a toma de datos de victorias e derrotas. Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

miércoles, 18 de marzo de 2026

CALENDARIO TORNEO FÚTBOL SALA

 O Torneo de fútbol sala terá lugar os días 26 e 27 de marzo cos seguintes horarios aproximados:

XOVES 26 DE MARZO

14:00-14:30          PEPARDOS – L. MECÁNICA                (1)

VENRES 27 DE MARZO

09:45-10:15           GANADOR 1 – CASTORES                   (A)

10:15-10:45           MANCHESTER – ALXECIRAS             (B)

10:45-11:15           PITUFIÑOS – GALÁCTICOS                (C)

11:15-11:45          TORCEBOTAS – PINK DERCU´S         (D)


                                                       SEMIFINALES


11:45-12:15          GANADOR AGANADOR B

12:15-12:45          GANADOR C – GANADOR D

FINAL

13:00-13-30          GANADOR A-B – GANADOR C-D

14:00-14:30          PARTIDO EXHIBICIÓN

lunes, 9 de marzo de 2026

AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 25-26

Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés) Arzúa – Pedrouzo - Santiago durante os días 09 e 10 de Abril.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

KILÓMETROS TOTAIS: 29 km. Repartidos en 2 etapas: Arzúa - Pedrouzo (19 Km) e Pedrouzo - Santiago (20 Km), O bus nos levará ata Arzúa o xoves e o venres nos trasladará de novo a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependendo un pouco dos prezos.

ALBERGUES: Albergue REM Hostel O Pedrouzo, Avenida da Iglesia, Nº 7, O Pino

1º día:    ARZÚA - PEDROUZO (19 Km) (4-5h)

09:30     Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)

11:00     Chegada a Arzúa

11:15     Comezo  da etapa

14:00     Parada durante a etapa para xantar

17:00     Pedrouzo (chegada albergue, ducha, cea)

2º día     PEDROUZO - SANTIAGO (20 Km) (4-5h)

08:00     Levantarse, almorzo

09:00     Saída  de Pedrouzo

14:00     Chegada  a Santiago

15:00     Xantar Santiago

17:30     Saída hacia Bergondo

19:00     Chegada aproximada a Bergondo (Concello)

 

PREZO: Albergue REM Hostel O Pedrouzo 13 €.

En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.

O prezo inclúe a estancia no albergue en Pedrouzo. O primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día e o almorzo e xantar do venres en Santiago.

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 13 DE MARZO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as reservas no albergue.

 

CONSELLOS PRÁCTICOS

1.     Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.

2.     As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.

3.     Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.

4.     O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.

5.     Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado

6.     Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda

7.     Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues

 

MATERIAL RECOMENDADO:

COMIDA

ü  Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Pedrouzo ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Santiago para poder xantar alí.

CALZADO

ü  Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.

ROUPA

ü  SACO DE DURMIR

ü  Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.

ü  Varios pares de calcetíns de algodón

ü  Calzado de reposto

ü  Toalla de ducha e elementos de aseo persoal

ü  Chubasqueiro

ü  Gorra ou sombreiro para protexerse do sol

ü  Levade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.

BOTIQUÍN

ü  Tiritas, cacao, crema solar.

ü  Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

ü  Caxato de madeira (opcional), mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social...