Este mércores 25 de marzo celebramos no CPI Cruz do Sar o V Torneo de Xadrez. Houbo un total de 117 inscritos dos diferentes cursos da ESO e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Un torneo totalmente apaixonante a oito rondas nos que todos tiveron as súas oportunidades.
Felicitar a tod@s, en especial aos de 4º de Primaria que fixeron un gran torneo e a todos os que estivestes loitando ata a derradeira partida para ganar o torneo ou mellorar o voso posto.
Agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación e uns estades máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ. A seguir disfrutando do xadrez, aínda que estaría ben que algúns practicarades algo durante o ano e non só cando toca torneo.
2º Clasificado: Víctor Santos Modia
Mellor alumna clasificada: Leire Sandá López
Mellor alumno clasificado de 4º de EP: Esteban Meana Corzón
Mellor clasificado de 6º de EP: Darío Mosquera Beceiro
Mellor clasificado de 1º de ESO: Roi Chacón Álvarez
Mellor clasificado de 2º de ESO: Álvaro Fernández Sánchez
Mellor clasificado de 3º de ESO: Víctor Santos Modia
Mellor clasificado de 4º de ESO: Carlos Cruz Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario