viernes, 27 de marzo de 2026
FOTOS TORNEO FÚTBOL SALA 25-26
RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA 25-26
Nove equipos participaron nesta nova edición do Torneo de fútbol-sala no CPI Cruz do Sar coa victoria final do equipo "OS CASTORES" nunha final contra o euipo "OS TORCEBOTAS". Noraboa aos campións e a todos os participantes e asistentes ao torneo. Coma sempre o ambiente nas gradas foi impresionante, con mascotas e bombo incluidos. Bueno, pois a descansar, recuperarse e a disfrutar dunhas merecidas vacacións.
XOVES PEPARDOS – LAR. MECÁNICA (1-3)
09:45-10:15 LAR. MECÁNICA – CASTORES (1-6)
10:15-10:45 MANCHESTER – ALXECIRAS (3-0)
10:45-11:15 PITUFIÑOS – GALÁCTICOS (2-8)
11:15-11:45 TORCEBOTAS – PINK DERCU´S (10-1)
SEMIFINALES
11:45-12:15 CASTORES – MANCHESTER (2-2) p. (4-3)
12:15-12:45 GALÁCTICOS - TORCEBOTAS (1-8)
FINAL
13:00-13-30 CASTORES – TORCEBOTAS (3-0)
miércoles, 25 de marzo de 2026
RESULTADOS ESO 2ª AVALIACIÓN
Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria na materia de Educación Física foron os seguintes:
1º ESO A: 22 alumnos 19 aprobados 03 suspensos 86% aprobados
1º ESO B: 20 alumnos 18 aprobados 02 suspensos 90 % aprobados
TOTAL 1º 42 alumnos 37 aprobados 05 suspensos 88 % aprobados
2º ESO A: 27 alumnos 24 aprobados 03 suspensos 89 % aprobados
2º ESO B: 25 alumnos 19 aprobados 06 suspensos 76 % aprobados
TOTAL 2º 52 alumnos 43 aprobados 09 suspensos 83 % aprobados
3º ESO A: 27 alumnos 26 aprobados 01 suspensos 96% aprobados
3º ESO B: 26 alumnos 26 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
TOTAL 3º 53 alumnos 52 aprobados 01 suspensos 98% aprobados
4º ESO A: 13 alumnos 12 aprobados 01 suspensos 92% aprobados
4º ESO B: 16 alumnos 16 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
TOTAL 4º: 29 alumnos 28 aprobados 01 suspensos 96% aprobados
TOTAL 176 alumnos 160 aprobados 16 suspensos 91% aprobados
FOTOS TORNEO XADREZ 25-26
https://photos.app.goo.gl/BecqR64Xi9esVwcf7
RESULTADOS V TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR
Este mércores 25 de marzo celebramos no CPI Cruz do Sar o V Torneo de Xadrez. Houbo un total de 117 inscritos dos diferentes cursos da ESO e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Un torneo totalmente apaixonante a oito rondas nos que todos tiveron as súas oportunidades.
Felicitar a tod@s, en especial aos de 4º de Primaria que fixeron un gran torneo e a todos os que estivestes loitando ata a derradeira partida para ganar o torneo ou mellorar o voso posto.
Agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación e uns estades máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ. A seguir disfrutando do xadrez, aínda que estaría ben que algúns practicarades algo durante o ano e non só cando toca torneo.
2º Clasificado: Víctor Santos Modia
Mellor alumna clasificada: Leire Sandá López
Mellor alumno clasificado de 4º de EP: Esteban Meana Corzón
Mellor clasificado de 6º de EP: Darío Mosquera Beceiro
Mellor clasificado de 1º de ESO: Roi Chacón Álvarez
Mellor clasificado de 2º de ESO: Álvaro Fernández Sánchez
Mellor clasificado de 3º de ESO: Víctor Santos Modia
Mellor clasificado de 4º de ESO: Carlos Cruz Fernández
miércoles, 18 de marzo de 2026
CALENDARIO TORNEO FÚTBOL SALA
O Torneo de fútbol sala terá lugar os días 26 e 27 de marzo cos seguintes horarios aproximados:
XOVES 26 DE MARZO
14:00-14:30 PEPARDOS – L. MECÁNICA (1)
VENRES 27 DE MARZO
09:45-10:15 GANADOR 1 – CASTORES (A)
10:15-10:45 MANCHESTER – ALXECIRAS (B)
10:45-11:15 PITUFIÑOS – GALÁCTICOS (C)
11:15-11:45 TORCEBOTAS – PINK DERCU´S (D)
SEMIFINALES
11:45-12:15 GANADOR A – GANADOR B
12:15-12:45 GANADOR C – GANADOR D
FINAL
13:00-13-30 GANADOR A-B – GANADOR C-D
14:00-14:30 PARTIDO EXHIBICIÓN
lunes, 9 de marzo de 2026
AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 25-26
Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés) Arzúa – Pedrouzo - Santiago durante os días 09 e 10 de Abril.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
KILÓMETROS TOTAIS: 29 km. Repartidos en 2 etapas: Arzúa - Pedrouzo (19 Km) e Pedrouzo - Santiago (20 Km), O bus nos levará ata Arzúa o xoves e o venres nos trasladará de novo a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependendo un pouco dos prezos.
ALBERGUES: Albergue REM Hostel O Pedrouzo, Avenida da Iglesia, Nº 7, O Pino
1º
día: ARZÚA - PEDROUZO (19 Km) (4-5h)
09:30 Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)
11:00 Chegada a Arzúa
11:15 Comezo
da etapa
14:00 Parada durante a etapa para xantar
17:00 Pedrouzo (chegada albergue, ducha, cea)
2º
día PEDROUZO - SANTIAGO (20 Km) (4-5h)
08:00 Levantarse, almorzo
09:00 Saída
de Pedrouzo
14:00 Chegada
a Santiago
15:00 Xantar
Santiago
17:30 Saída
hacia Bergondo
19:00 Chegada aproximada a Bergondo (Concello)
PREZO:
Albergue REM Hostel O Pedrouzo 13 €.
En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.
O prezo inclúe a estancia no albergue en Pedrouzo. O primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día e o almorzo e xantar do venres en Santiago.
ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 13 DE
MARZO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as
reservas no albergue.
CONSELLOS PRÁCTICOS
1. Axusta-lo calzado ó pé para que non se
produzan rozaduras.
2. As etapas tentaremos facelas pola mañá,
estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.
3. Convén
camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.
4. O camiño está marcado con frechas
amarelas e postes indicadores.
5. Nos tramos de estrada camiñar pola beira
esquerda, de un en un e con coidado
6. Ó face-la mochila colocar os obxectos
máis pesados no fondo e pegados á espalda
7. Facer estiramentos antes de empezar a
andar e ó chegar ós albergues
MATERIAL RECOMENDADO:
COMIDA
ü Para
o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Pedrouzo ou no albergue o que teña aínda
comida. O segundo día chegaremos a Santiago para poder xantar alí.
CALZADO
ü Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas
levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras
para descansa-los pés no albergue.
ROUPA
ü SACO
DE DURMIR
ü Roupa suficiente para dous días, roupa
cómoda.
ü Varios pares de calcetíns de algodón
ü Calzado de reposto
ü Toalla
de ducha e elementos de aseo persoal
ü Chubasqueiro
ü Gorra
ou sombreiro para protexerse do sol
ü Levade
dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a
roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.
BOTIQUÍN
ü Tiritas, cacao, crema solar.
ü Os alérxicos e asmáticos deben leva-los
medicamentos que teñan prescrito.
OUTROS
ü Caxato de madeira (opcional), mapa de
ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta seg. social...
sábado, 7 de marzo de 2026
NORMAS TORNEO FÚTBOL SALA 25-26
O Torneo de fútbol sala terá lugar o venres 27 de marzo no pavillón. Déixovos as normas.
NORMAS XERAIS
Cada partido durará 2 partes de 10 minutos incluido as semifinais e a final. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:
1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.
2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.
3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.
4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.
5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto aos compañeiros, aos contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.
6. O público deberá manter tamén un comportamento deportivo animando ao equipo que queiran, pero sen facer comentarios despectivos hacia os rivais ou hacia os árbitros. De producirse algunha situación deste tipo os implicados deberán abandonar o recinto.
V TORNEO XADREZ CRUZ DO SAR. NORMAS
Hai un total de 118 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.
O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
HORARIOS DE CADA RONDA
1ª Ronda: 09:30
2ª Ronda: 10:00
3ª Ronda: 10:30
4ª Ronda: 11:00
11:30 – 12:00 DESCANSO
5ª Ronda: 12:00
6ª Ronda: 12:30
7ª Ronda: 13:00
8ª Ronda: 13:30
Sorte a todos, lembrade que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.




