jueves, 16 de abril de 2026

AUTORIZACIÓN SURF 25-26

Esta semana repartimos as autorizacións para a actividade de surf dirixida ao alumnado de 1º de ESO e que se realizará  os días 19 e 20 de maio. Deberá ser entregada antes do mércores 22 de abril.  O horario aproximado será de 09:20 a 13:30. É preciso saber nadar para participar na actividade.

O prezo da actividade é de 15 euros por día. O prezo está calculado para unha ratio de 25 participantes. 

- MENOS DE 25 ANOTADOS IREMOS TODOS OS DOUS DÍAS (30€) 

- MÁIS DE 25 ANOTADOS FAREMOS DOUS GRUPOS (15€) (1 DÍA) CADA GRUPO IRÁ SÓ UN DÍA

Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase dos días que irá cada grupo e do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario