sábado, 11 de abril de 2026

CAMIÑO SANTIAGO 25-26


O xoves 09 e o venres 10 de abril, 21 alumnos de 4º de ESO acompañados de tres profesores do centro rematamos a nosa peregrinación hacia Santiago de Compostela realizando as últimas dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: Arzúa-O Pedrouzo e O Pedrouzo- Santiago. Acabamos así a nosa primeira aproximación aos distintos Camiños na nosa comunidade.

Dúas etapas duras de aproximadamente 20 Km que se fixeron notar nas nosas pernas pouco afeitas a camiñar. En xeral houbo unha boa aceptación, o sol castigounos durante os dous días incrementando a dureza das etapas, aínda así e con grande forza de vontade por parte de algúns dos participantes conseguimos chegar á praza do Obradoiro e cumprir o noso obxectivo.

Espero que a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.

Grazas pola vosa participación e voso esforzo. Graciñas a Fernando e a Antón pola súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario