Unha das razóns polas que
me doe deixar a xefatura de estudos é perder como profe do centro a Antón.
Dende que chegou coa súa cara de neno sorrinte tívenlle sempre unha envexa sá,
como non terlla a alguén a quen doblo en idade e perímetro abdominal?. Sempre
atento e colaborador, preparando con esmero as súas clases de inglés, e como
non, as de educación física.
Cumpriu con nota as súas tarefas como xefe de departamento malia non poder contar en moitos momentos coa axuda dun xefe de estudos enleado con partes e máis partes de incidencias.
Apuntouse a todas as actividades que organizamos: a neve, o Camiño de Santiago, o surf... e incluso atreveuse a ir con Diego á excursión a Tenerife cos de 4ª de ESO (aínda que bueno, en realidade foron os de 4ª os que os coidaron a eles).
Bueno Antón, xa sabes que o CPI
Cruz do Sar sempre será a túa casa e que podes contar con nós para todo o que precises,
botarémoste en falta, sobre todo eu que quedo de novo só no departamento.
Grazas pola túa profesionalidade, pola túa man co alumnado, por apuntarte a todo sen dubidalo, e sobre todo pola compaña. E perdoa por non poder atenderte sempre como merecías. Un abrazo enorme!!!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario