sábado, 24 de diciembre de 2022

BO NADAL

Con toda a parafernalia da semana da neve hai moitos cursos dos que non me despedin nin desexei felices festas. Espero que pasedes un bo Nadal, que desfrutedes das vacacións e que teñades un próspero 2023. Lembrade que voltamos ás aulas o día 09 de xaneiro. Volvede coas pilas recargadas para o que queda de curso. Unha aperta a tod@s.

viernes, 23 de diciembre de 2022

MEMORIA SEMANA NEVE 22-23


O venres 23 de decembro sobre ás 07:00 chegamos a Bergondo dende Jaca o profesorado e alumnado que este ano estivemos en Formigal disfrutando e  sufrindo o esquí. Un total de 85 persoas que vivimos durante toda a semana unha experiencia intensa. Felicítannos a miúdo polo voso comportamento, aínda que xa sabedes que a miña vara de medir é un pouco diferente. En xeral o comportamento foi moi bo, e dentro do díficil que é empezar neste mundo a vosa axuda e colaboración foi excelente. Houbo moitos de vós que nos sorprendestes favorablemente polo voso esforzo e ganas de aprender.

Este ano tivemos unhas boas condicións meterorolóxicas malia que houbo un día que choveu. Espero que a maioría de vós disfrutara da experiencia e repita algún día. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. 

Tivemos algunha visita á clínica pero agardamos que se recuperen axiña os poucos lesionados que houbo. Durante os vindeiros días subirei ao blogue as fotos que logremos reunir entre todos. A descansar. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo: Marta, Lolo, Brais G, Brais A e por suposto a Xosé Antonio. Sen todos eles esta actividade non sería posible.

sábado, 17 de diciembre de 2022

SAÍDA SEMANA NEVE 22-23



Quedan xa poucas horas para a saída á neve deste curso. Un total de 85 alumnos partirán hacia Jaca para disfrutar do esquí na estación de Formigal. Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 7:00 da mañá. Descansade.