lunes, 24 de abril de 2023

AUTORIZACIÓN SURF 22-23

Esta semana repartiremos as autorizacións para a actividade de Iniciación ao surf, dirixida ao alumnado de 1º de ESO,  tendo como prazo de entrega ata o venres 28 de de abril. 

A actividade levarase a cabo o xoves 18 de maio de 09:20 a 13:30 (aproximadamente a actividade durará 2 horas). O prezo da actividade é de 15 euros. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de 25 participantes. De ser máis habería que desdobrar en 2 grupos e teriamos que facer outra actividade, probablemente skate (serían 10 euros a maiores). Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo.

A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.

Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector solar.

É preciso saber nadar.

martes, 18 de abril de 2023

FOTOS ACROSPORT 22-23

Déixovos aos cursos de 3º de ESO as fotografías de acrosport que sacamos na última clase adicada ás grandes estructuras. Grazas a tod@s os que colaborastes na realización das figuras ou na toma das imáxenes. Pódedes atopar todas as imáxenes no enlace: https://photos.app.goo.gl/TjsfXoneMdyk3vBE6


viernes, 14 de abril de 2023

CAMIÑO SANTIAGO 22-23


O xoves 13 e o venres 14 de abril 26 valentes de 4º de ESO realizaron as primeiras dúas etapas do Camiño Francés en Galicia: O Cebreiro-Triacastela e Triacastela-Sarria. Desafiando á choiva, ao vento, ao frío e todos os demais elementos unidos contra eles conseguiron o reto de chegar sans e salvos de volta a Bergondo.
Malia a conxunción de elementos atmosféricos en contra espero que a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Espero que algún día poidades repetir a experiencia facendo a totalidade deste ou de calqueira outro Camiño.
Grazas pola vosa participación, o voso comportamento e sobre todo polo voso esforzo. Agradecer sobre todo a Fernando a súa colaboración, axuda e compaña durante estos dous días. BO CAMIÑO!
Deixovos tamén o enlace coas fotos que tiñamos Fernando e máis eu.

martes, 11 de abril de 2023

UNIDADES 3ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos  ver durante esta 3ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 7. Expresión corporal 1
UD 8. Actividades na natureza 1
UD 9. Iniciación aos malabares
2º ESO
UD 6. Bailes de salón 1: Chachachá e pasodobre
UD 5. Floorball
UD 9. Expresión corporal 2
UD 10. Actividades na natureza 2
3º ESO
UD 6. Bailes de salón 2: Pasodobre e vals vienés
UD 7. Actividades na natureza 3. Orientación
UD 8. Expresión corporal 3
4º ESO
UD 7.Bailes de salón 2: Pasodobre e vals vienés
UD 4. Rugbi
UD 8. Actividades na natureza 4. Escalada

SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO 22-23


O xoves 13 de abril ás 09:30 o alumnado de 4º de ESO sairá dende o centro para realizar dúas etapas do Camiño Francés: O Cebreiro - Triacastela e Triacastela-Sarria. Voltaremos o venres pola tarde. A ver se o tempo nos acompaña. Non esquezades nada do que ía na autorización.