viernes, 29 de septiembre de 2023

NORMAS MATERIAL LECER

A partir do luns 02 de outubro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.

1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl  na entrada do edificio da ESO. Este curso o baúl non se pechará, tampouco haberá alumnado encargado.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO, o material é só para o alumnado da ESO. O alumnado de EP contará co seu propio baúl e material.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, sempre e cando non se lles dé co pé.

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)

- Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)

- Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

 

viernes, 22 de septiembre de 2023

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA

Neste curso 2023-24 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:

Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Kike Vázquez Suárez: imparte clase en 1º ESO e 2º ESO A.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 2º ESO B, 3º e 4º de ESO.

domingo, 10 de septiembre de 2023

INICIO CURSO 23-24


De novo estamos de volta no CPI Cruz do Sar, hoxe 11 de setembro iniciamos un novo curso que espero levedes con ilusión e ganas de aprender. No departamento de Educación Física temos algunha novidade. Unha aperta a tod@s, vémonos no centro.

Benvid@s a tod@s.