domingo, 12 de noviembre de 2023

REUNIÓN SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 95 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.

A viaxe será, se a neve o permite, do día 17 ao 21 de decembro (esquiando os días 18, 19, 20 e 21) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

 

O prezo por persona será de 480 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 22 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

 

Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben dous talonarios teñen que ingresar os 200 euros na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outros dous (ingresando cando os vendan só 180) ata un máximo de cinco. O quinto talonario quedarían cos cartos para recuperar a fianza.

 

Os socios da ANPA terán unha axuda de 50 euros para o pago da excursión. Dende a ANPA lembran que aída poden facerse socios da asociación.

 

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 16 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.


miércoles, 8 de noviembre de 2023

DATAS EXAME TEÓRICO ESO

 As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:



2º ESO B: 20 de novembro
3º ESO A: 22 de novembro
3º ESO B: 23 de novembro
4º ESO A: 20 de novembro
4º ESO B: 20 de novembro

sábado, 4 de noviembre de 2023

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

O sábado día 11 de novembro celébrase o DÍA DO PEÓN. Por este motivo durante a semana do 13 ao 17 de novembro intantaremos adicar algunha clase de EF de Secundaria a tratar de aprender a "bailar o peón".

Este martes pasado, o día 31 de outubro despois do segundo recreo tivemos a celebración do Magosto onde poidemos disfrutar da degustación das tradicionais castañas. Agardamos que disfrutarades con elas malia o mal tempo.

Déixovos o manifesto para o día do peón de BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) por se queredes botarlle un vistazo.

MANIFESTO DO DÍA DO PEÓN 2023