sábado, 13 de diciembre de 2025

SAÍDA SEMANA NEVE 25-26


Estamos a poucas horas de arrincar un ano máis hacia Astún. 
A estación está aberta pero non hai tanta neve coma o curso pasado. 
Superando o récord do curso 24-25 asisten á actividade 95 alumnos.
Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 06:00 da mañá. 
A descansar. 


jueves, 11 de diciembre de 2025

RESULTADOS 1ª AVALIACIÓN

 Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria na materia de Educación Física foron os seguintes:

1º ESO A:      20 alumnos        19  aprobados      01 suspensos          95% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados       02 suspensos          90 % aprobados

TOTAL 1º      40 alumnos        37 aprobados       03 suspensos          93 % aprobados


2º ESO A:      28 alumnos         26 aprobados        02 suspensos         93 % aprobados

2º ESO B:      25 alumnos         23 aprobados        02 suspensos         92 % aprobados

TOTAL 2º      53 alumnos         49 aprobados        04 suspensos         92 % aprobados


3º ESO A:     27 alumnos         25 aprobados        02 suspensos         93% aprobados

3º ESO B:     25 alumnos         20 aprobados        05 suspensos         80% aprobados

TOTAL 3º     52 alumnos         45 aprobados        07 suspensos         86% aprobados


4º ESO A:     13 alumnos         08  aprobados       05 suspensos        61% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         15 aprobados        01 suspensos        94% aprobados

TOTAL 4º:     29 alumnos        23  aprobados       06 suspensos        79% aprobados

TOTAL     174  alumnos  154 aprobados    20 suspensos    89% aprobados

viernes, 14 de noviembre de 2025

PROGRAMA SEMANA NEVE


  • SAÍDA: domingo, día 14 de decembro (06:00 h) / Concello Bergondo
  • VOLTA: venres, día 19 de decembro entre 04:00–06:00 h (madrugada do xoves ao venres)
  • AXENCIA: Viaxes Roberto Couce
  • PRECIO TOTAL: 515 euros (SNOW-Suplemento 25 euros)
  • HOTEL: Hotel Oroel, Av de Francia, 37, 22700 Jaca, Huesca.
  • Nº TFNO: 974362411

  • MATERIAL RECOMENDADO:

-          Protector solar (factor 25-50) e labial / Gafas de sol para neve

-          Protección Pulso SNOW

-          Gorro e polar / Pantalón de neve / Anorak / Luvas / Gafas / Calcetíns neve ou montaña (varios pares) / Comida e bebida para a viaxe

-          Botiquín / DNI, Copia Tarxeta sanitaria

  • TABLETS E CONSOLAS VARIAS: Queremos pedirvos que non leven tablets, nen consolas portátiles,.agás os móbiles.
  • Precisamos que leven unha bolsa de IKEA, Mercadona ou similar para meter as botas de esquí ou snow, co seu NOME.
  • Unha mochila para deixar a roupa para cambiarse o último día.
  • A fianza no hotel será de 20 €.

A VIAXE INCLÚE OS SEGUINTES SERVICIOS:

-          Transporte en autobús de Galicia a Jaca (2 buses de 55 prazas)

-          Transportes diarios hotel-estación-hotel (estación Astún)

-          4 noites no hotel en media pensión

-          4 días de xantar nas pistas

-          Alquiler 4 días de material de esquí

-          4 días de remontes

-          2 horas diarias de clases de esquí (10:00 a 12:00)

-          Seguro de viaxe e de esquí

lunes, 3 de noviembre de 2025

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado de ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entran as dez mellores marcas de cada proba. 

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

miércoles, 29 de octubre de 2025

REUNIÓN SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 100 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.

A viaxe será do día 14 ao 18 de decembro (esquiando os días 15, 16, 17 e 18) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persoa será de 515 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 25 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

Este ano REALIZAREMOS OS PAGOS DIRECTAMENTE NA CONTA DA AXENCIA “VIAXES ROBERTO” NO NÚMERO:

ES19 0049 7712 5422 1004 1291 

1º PAGO    210 euros    17 de Novembro

2º PAGO    205 euros    04 de Decembro

 

Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe. Cando acaben un talonario (100 rifas a 2€) poden recoller un segundo e incluso un terceiro talonario (50 rifas a 2€).

NON HAI QUE INGRESAR O IMPORTE DAS RIFAS

 

No caso de non poder ir finalmente á excursión as rifas non vendidas e o importe das rifas vendidas debe ser reintegrado ao centro, se algunha familia non está dacordo que non recolla as rifas.

 

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 13 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

jueves, 9 de octubre de 2025

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 25-26

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP e ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización é ata o venres 17 de outubro. No “improbable” caso de ter máis de 104 alumnos anotados terá preferencia o alumnado de 6º de EP e 2º e 3º de ESO que cumpran os prazos, despois completaríase co resto de cursos por orde de ingreso do depósito.

O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do venres 24 de outubro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.

A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (14-18) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría entre os 500-525 €.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

miércoles, 8 de octubre de 2025

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

 SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: luns, 27 de Outubro

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Nerea e Alicia.
2. Carlos e Bruno.
3. Daniela e Hugo.
4. Réka e Mencía.
5. Martín e Adrián.
6. Marta, Alba e Noa.

GRUPOS 4º ESO B
1. Tatiana e Mariña.
2. Daniela e Alma.
3. Cristian, Thomas e Luján.
4. Antía, Manuel e Gabriel.
5. Pablo, Sara e Leire.
6. Samuel, Lucía e Marta.

UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN

As unidades que estamos a  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 4
UD 3. Baloncesto

domingo, 21 de septiembre de 2025

NORMAS MATERIAL LECER

A partir do segundo recreo do luns 22 de setembro estará á disposición do alumnado o baúl con material para os recreos e nas aulas tamén haberá dous taboleiros de xadrez e un de parchís para usar cando non veña algún profesor e non deixara traballo.

1. O material de lecer para o alumnado SERÁ COMPARTIDO para a ESO e EP e estará nun baúl  na entrada do edificio de 5º e 6º de EP.

 

2. Este baúl SÓ PODERÁ SER UTILIZADO NAS HORAS DE RECREO. Cando un balón sia fóra do recinto é responsabilidade do alumno que o lanzou ir a recollelo, sempre co permiso do profesorado de garda. De non ser posible avisarase o antes posible a algún profesor de EF.

 

3. Cando soe o timbre de entrada do recreo todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para poder chegar a clase con tempo suficiente. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL. Ante calqueira incidencia deberá comunicarse ao xefe de departamento de EF.

 

4. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio. PROCURADE non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE.

5. Os balóns de brilé e de voleibol só poderán usarse no patio dos autobuses, SEMPRE E CANDO non se lles dé co pé. SÓ SE PODE XOGAR AO FÚTBOL NO CAMPO DE FÚTBOL-SALA.

6. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL. Individualmente o alumnado que non cumpra TODAS AS NORMAS terá un parte de incidencias.

 

7. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES.

 

MATERIAL

- Balóns de fútbol sala (1)

- Balóns de baloncesto (4)

- Balón de brilé (1)

- Balón de voleibol (1)

TURNOS CAMPO FÚTBOL SALA:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

1º RECREO

1º ESO

2º ESO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

1º- 2º ESO

2º RECREO

3º - 4º ESO

3º - 4º ESO

2º ESO

1º ESO

3º- 4º ESO

domingo, 7 de septiembre de 2025

PROFESORADO EF

Neste curso 2025-26 contamos con catro profesores para impartir a materia de EF en Educación Primaria e Educación Secundaria. Somos os seguintes:

Manuel Baroso Vaamonde: imparte clase en 1º, 2º, 3º e 4º de EP.
Xosé Antonio Iglesias Calviño: imparte clase en 5º e 6º de EP.
Antón Ares Barral: imparte clase en 1º e 2º ESO.
Juan Luis Allegue Iglesias: imparte clase en 3º e 4º de ESO.

sábado, 6 de septiembre de 2025

INICIO CURSO 25-26

O luns 08 de setembro comezamos un novo curso no CPI Cruz do Sar. Acaban as vacacións e toca voltar ás rutinas. Intentaremos que sexa o máis levadeiro posible Teredes as dúas primeiras sesións cos vosos titores. A partir do primeiro recreo teremos xa o horario normal. Lembrade que ademais temos clase pola tarde.

Sorte neste novo curso que comeza. Sabedes que estamos aquí para o que precisedes.  
Benvid@s a tod@s.

30.000 VISITAS!!!

Esta semana alcanzamos entre todo@s as 30.000 visitas, un número redondo que vai medrando pouco a pouco grazas aos que nos seguides, e que de vez en cando ides entrando neste blogue do departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar. Cantos alumn@s teño xa visto pasar por este cole, agradecervos as vosas visitas, sen vós estar aquí non sería posible.

GRAZAS

viernes, 27 de junio de 2025

MEMORIA E FOTOS RAFTING 24-25


Pois coa actividade de rafting de hoxe rematamos este curso 24-25 no departamento de EF. Un día estupendo, explorando o río Ulla en boa compaña. Mandeivos xa as fotos polo grupo pero aquí tedes unha escolleita das que vos enviei (sen os vídeos). Grazas a tod@s pola vosa asistencia sobre todo a Fernando por volver a ser o meu compañeiro de fatigas e aos tres valentes de 4ª de ESO que cumpriron a súa palabra e repetiron a experiencia do ano pasado. Espero que malia os rápidos do río, os disparos a traizón e o meu escaso entusiasmo de hoxe pasarades un bó día. Deixovos o enlace ás fotos. Bicos e bo verán.

https://photos.app.goo.gl/kHF5FWtDi5B2hjTE8

lunes, 23 de junio de 2025

FIN DE CURSO 24-25

Rematamos o curso!! Recoñezo que esta semana fíxoseme especialmente longa. Ás veces resultades moi pesados co tema dos balóns e de baixar ao patio. A razón de non deixar balóns os derradeiros días foi que había 12 balóns de fútbol no almacén e o mércores quedaban 5. E NON HAI MÁIS QUE DICIR!!!.
O responsable do material deportivo é o xefe de do departamento de EF, que malia que vos pese, son eu; e por tanto decido cando se pode deixar material e cando non. A norma do departamento é NON DEIXAR MATERIAL NUNCA. Por iso deixamos material nos bauis para os períodos de lecer.
A RESPONSABILIDADE de que non quede material no baúl É VOSA. Estou un pouco farto de que non asumades as vosas responsabilidades. Os profes non utilizamos o material, se o perdedes, o "embarcades" como dicides vós ou o tirades para a finca de ao lado ou para o tellado É CULPA VOSA.
Sempre podedes traer os vosos balóns e perdelos. Como xefe do departamento de EF non estou disposto a tolerar un mal uso do material do centro. APRENDEDE ou ASUMIDE AS CONSECUENCIAS. É así de fácil.
O mesmo podería dicir do material de xogo das clases: os taboleiros de xadrez e de parchís. Non hai un xogo completo de fichas en ningunha clase, é vergonzoso ver como tratades un material que é de todos.
En fin, despois de desfogarme un pouco, tamén quería desexarvos unhas boas vacacións, que descansedes e recarguedes pilas e que voltedes o vindeiro curso con ánimos renovados e con ganas de aprender un pouco. Se tedes algo de tempo libre facede unha reflexión sobre como foi o voso curso, se merecedes as notas que levades e canta marxe de mellora tedes.
Unha aperta a todos. Bo verán.
 

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

 Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 23 de xuño  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 1º      48 alumnos        24 aprobados       00 suspensos          100% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        25 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     49 alumnos        49 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     19 alumnos         19 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         18 aprobados        01 suspensos         95% aprobados

TOTAL 3º    38 alumnos         37 aprobados        01 suspensos         97% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         23  aprobados       01 suspensos        96% aprobados

4º ESO B:     24 alumnos         23 aprobados        01 suspensos        96% aprobados

TOTAL 4º:   48 alumnos         46  aprobados       02 suspensos        96% aprobados


TOTAL        183  alumnos       180 aprobados      03 suspensos        98% aprobados

miércoles, 18 de junio de 2025

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 15-25

Un día espertamos e atopámonos con que é o derradeiro día no  centro no que levamos dez anos. Lembramos todos os  bos momentos vividos, as frustracións que sentimos, retrincos da nosa vida que quedarán para sempre nos nosos corazóns.

Pero o futuro é noso, esta etapa que finalizamos non é máis que unha pequena parte do que nos resta por vivir, e debemos afrontala con decisión e valentía, con toda a esperanza posta nos nosos soños. Loitar polo que desexamos debe ser agora a nosa prioridade.

Coma un vello carcamal que queda anclado no Cruz do Sar deséxovos toda a sorte do mundo neste camiño que emprendedes, tratade de crer en vós mesmos e nas vosas posibilidades, desfrutade da vida todo o que poidades tendo en conta que a sorte sen traballo non permite alcanzar os obxectivos que pretendemos.

Dous consellos: o primeiro é que tratedes de ser boas persoas e poñervos no pelexo dos demais para saber como se poden sentir; o segundo é que fuxades da avaricia, para mín a orixe da maioría dos problemas da especie humana. Ás veces me teredes escoitado dicir que o mundo se acaba, espero que vos dé tempo a disfrutar das vosas vidas.

Nada máis, aquí estaremos SEMPRE para todo o que precisedes, sexa a nivel persoal ou profesional, xa sabedes que o Cruz do Sar sempre será a vosa casa. E como lle digo a todos os que marchan:

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.

UN ABRAZO ENORME

martes, 17 de junio de 2025

FOTOS ACAMPADA

Déixovos o enlace coas fotos que sacamos na acampada. Se alguén quere que quite algunha delas do álbum que mo comunique sen problema. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou no icono da foto na columna da esquerda do blogue.

https://photos.app.goo.gl/HEqULeoBVR54wi7q8



MEMORIA ACAMPADA 24-25

 

O domingo 15 e o sábado 16 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do Concello o domingo e pasamos parte da mañá montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de xogar un partido de fútbol e outros de poñer en común toda as chuminadas que levaron. O proceso de montaxe da tendas estivo moi ben, case todos sabían montar as súas tendas con máis ou menos pericia e non faltaba ningún elemento indispensable. Non fixo falla recurrir ás tendas de reforzo que levábamos. 

Pola tarde o sol e un vento frío e incómodo acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañaunos Abel con Reboiras na embarcación auxiliar; aínda que tamén andaba por alí Rocío axudando nas tarefas de material e embarque. Todos eles vellos coñecidos do Clube Fragas do Eume Kaiak. Os nosos intrépidos palistas foron remontando o río, coma sempre con moito esforzo e moitas queixas, seguíndoo ata o seu estreitamento e volta ao embarcadoiro onde o vento converteu o tradicional baño final nun "sálvese o que poida". Á hora da cea moita fame, a comida coma sempre, regular tirando a mal. E despois, a durmir.... o que se poido...  e o que nos deixaron...

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, pickleball, voleibol, risas e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. Nesta ocasión malia non ter piscina quedámonos ata as sete e media chegando de volta a Bergondo sobre as 20:15.

Moi bo comportamento pola vosa parte, aínda que eu vos berre igual. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Grazas a tod@s, sobre todo a Manuel, que se incorporou o domingo para axudarme na ruta de sendeirismo. Vémonos na seguinte. 

martes, 3 de junio de 2025

PROGRAMACIÓN E MATERIAL ACAMPADA

 1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO (Domingo 15 de xuño)

09:45   Saída de Bergondo (CONCELLO)
10:30   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:45   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS (Luns 16 de xuño)
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
18:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo
19:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo (CONCELLO)
 
PREZO:  45  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o MÉRCORES 11 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
 
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas ou escarpíns, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

AUTORIZACIÓN RAFTING 24-25

departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o venres día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·   O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·   saída será do concello de Bergondo  ás 08:30 h. do día 27 de Xuño.

·   Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.

·   A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.

·   A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·  O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €)  e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).

·    É obrigatorio saber nadar.

·  MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·    Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.

·  A data límite para entregar as autorizacións é o luns 09 de xuño e para pagar o mércores 18 de xuño.

martes, 20 de mayo de 2025

AUTORIZACIÓN ACAMPADA

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar de Bergondo está a organizar unha acampada de dous días dirixida ao alumnado de 2º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Seminario para este curso dentro do Bloque Temático de Actividades no medio natural.

Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir  ( a non ser que sexa unha causa xustificada).


A actividade realizaríase os días 15 e 16 de xuño (domingo e luns) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría  sobre os 45 euros. Este curso a actividade estará aberta ao alumnado de 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividade. O prazo para entregar a autorización é ata o luns 02 de xuño.


O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, O transporte en bus ao cámping e ás actividades estaría en principio subvencionado polo Concello.

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º e 4º ESO

 As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para 3º e 4º da ESO son as seguintes:



3º ESO A: 29 de maio
3º ESO B: 29 de maio
4º ESO A: 21 de maio
4º ESO B: 21 de maio

viernes, 16 de mayo de 2025

FOTOS SURF 24-25

Un total de 23 alumnos disfrutaron durante dous días coa actividade de surf deste curso en Bastiagueiro. Boa compaña, días soleados e boas ondas para aprender. Que máis se pode pedir? Bueno, un pouquiño de silencio. Espero que vos gustara a actividade e que quedarades con ganas de máis Déixovos o enlace coas fotos. Había moitas máis pero a cámara e o zoom do meu móbil non son de moita calidade. Unha aperta a tod@s. 

https://photos.app.goo.gl/xJPqRMLaV2Vpvefn9

lunes, 5 de mayo de 2025

ACTIVIDADE SURF 24-25

Rematado o prazo para a entrega das autorizacións temos un total de 24 alumn@s de 1º de ESO para a actividade. Polo tanto todos os alumnos anotados irán dous días á actividade de SURF.

prezo total da actividade será de 30 € (15€ por cada día). A actividade durará aproximadamente 2 horas. O alumnado deberá levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toallas, chanclas e protector solar. Que leven tamén auga e a súa merenda.

Esta actividade realizarase o mércores  día 15 e 16 de maio co seguinte horario:

09:30                   Saída do centro CPI Cruz do Sar

10:00 a 12:00      SURF

12:30                   Regreso ao centro CPI Cruz do Sar

13:00                   Chegada ao centro


O alumnado que realiza a actividade terá clase no CPI as dúas últimas horas, polo que deben levar unha mochila co material das últimas horas.

UNIDADES ESO 3ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 3ª avaliación en 3º e 4º de ESO son as seguintes:

3º ESO
UD 6. Bailes de salón 2
UD 7. AN3: Orientación
UD 8. Expresión Corporal 3

4º ESO
UD 5. Xogos populares e alternativos 4
UD 6. O ritmo
UD 8. AN4: Escalada

viernes, 11 de abril de 2025

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Rematamos a 2ª  avaliación e case o curso, cando voltemos ás aulas quedarán unhas sete semanas de clase incompletas porque temos a ponte do 01 de maio. En xeral, os vosos resultados empeoraron nesta 2ª avaliación con respecto á 1ª. Quixera pedirvos un esforzo pola vosa parte, sobre todo aos que estades en 4º, para poder mellorar estos resultados en xuño. Non valen excusas de se os profes, se non tiven tempo, se me teñen manía... Nós non somos perfectos pero vós tedes que facer un pequeno exercicicio de análise de porqué tedes estes resultados; e seguro que vós dades conta de que a maior responsabilidade recae en vós. Espero que a inmensa maioría poida remontar en xuño, depende unicamente de vós, confiade nas vosas capacidades e posibilidades e priorizade durante algún tempo o estudio sobre o resto das vosas actividades (e redes sociais). Voltamos o 22 de abril. Descansade e recuperade despois dun torneo de fútbol intenso e con moitos tocados físicamente. Vémonos nuns días. Unha aperta a tod@s.

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria realizada o martes día 08 de abril  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        23 aprobados       01 suspensos          96% aprobados

TOTAL 1º     48 alumnos        47 aprobados       01 suspensos           98% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        25 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     49 alumnos        49 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     19 alumnos         19 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         18 aprobados        01 suspensos         95% aprobados

TOTAL 3º    38 alumnos         37 aprobados        01 suspensos         97% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         22  aprobados       02 suspensos        92% aprobados

4º ESO B:     24 alumnos         23 aprobados        01 suspensos        96% aprobados

TOTAL 4º:   48 alumnos         45  aprobados       03 suspensos        94% aprobados


TOTAL   183  alumnos   178 aprobados   05 suspensos   97% aprobados

FOTOS TORNEO FÚTBOL SALA 24-25

Déixovos o enlace ás fotos do torneo. Se alguén sacou algunha e quere que as suba que mas envíe. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/3f7rXq4k6ZnLZWxt7

RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA 24-25

9 equipos participaron nesta nova edición do Torneo de fútbol-sala no CPI Cruz do Sar coa victoria final do equipo "XABARÍN CLUB" nunha apaixoante final contra o euipo "XOSE ANTONIO´S" decidida na tanda de penaltis. Noraboa aos campións e a todos os participantes e asistentes ao torneo. Coma sempre o ambiente nas gradas foi impresionante, sobre todo no partido de exhibición dos gañadores contra o equipo de prof@s. Mandarlle un saúdo especial a Mateo, que hoxe non poido estar con nós. Bueno, pois a descansar, recuperarse e a disfrutar dunhas merecidas vacacións.

   XOVES            OS LOIS – TOMATITOS                          (2-6)

09:45-10:15         TOMATITOS – XOSE ANTONIO´S        (1-6)

10:15-10:45         A MOLE  – SANGÜESUDOS                    (6-2)

10:45-11:15         MERMELADOS – XABARÍN CLUB     (1-10)

11:15-11:45          FUENTEALBILLA – RULETA M.          (4-0)

SEMIFINALES

11:45-12:15          XOSE ANTONIO´S  –  A MOLE              (5-2)

12:15-12:45          XABARÍN C - R. FUENTEALBILLA     (0-1)

FINAL

13:00-13-30          XOSE ANTONIO´S – XABARÍN C.        (2-2) 

martes, 8 de abril de 2025

FOTOS TORNEO XADREZ 24-25

 
Déixovos o enlace ás fotos que se sacaron durante esta edición do Torneo de xadrez, moitas grazas ás fotógrafas, a verdade é que non tiven tempo de sacar ningunha. Unha aperta.

https://photos.app.goo.gl/e9t8ZfAkAcQhBcsH9

RESULTADOS IV TORNEO XADREZ CRUZ DO SAR

 Este martes 08 de abril celebramos no CPI  Cruz do Sar o IV Torneo de Xadrez. Houbo un total de 117 inscritos dos diferentes cursos da ESO e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Este curso incorporamos ao alumnado de 4º de EP que fixo un gran papel.

Felicitar a tod@s, en especial aos de Primaria e a todos os que estivestes loitando ata a derradeira partida para mellorar o voso posto. Unha mágoa non poder facer as oito rondas porque a verdade é que estaba a ser un torneo moi interesante.

 Agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación  e uns estades máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ. A seguir disfrutando do xadrez, aínda que estaría ben que algúns practicarades algo durante o ano e non só cando toca torneo.

Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado:   Franco Bencomo Vicedo
2º Clasificado:   David Alonso Negreira
3º Clasificado:   Leire Sandá López
4º Clasificado:   Yerai Álvarez Pombo
Mellor alumna clasificada:   Leire Sandá López
Mellor clasificado de 4º de EP:   Jorge Sanjurjo Portero
Mellor clasificado de 5º de EP:   Hugo Ferreiro Sánchez
Mellor clasificado de 6º de EP:   Luca Varela Codesal
Mellor clasificado de 1º de ESO:   Álvaro Fernández Sánchez
Mellor clasificado de 2º de ESO:   Franco Bencomo Vicedo
Mellor clasificado de 3º de ESO:   David Alonso Negreira
Mellor clasificado de 4º de ESO:   
Yerai Álvarez Pombo

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. 

Tamén, coma sempre, quería pedir desculpas a Mariña, Ainhoa e algún máis por ter cometido algun erro durante a toma de datos de victorias e derrotas. Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.