miércoles, 20 de noviembre de 2019

REUNIÓN SEMANA NEVE

O xoves 21 de novembro ás 16:00 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 01 e 05 de marzo.

O prezo por persona é de 370 euros. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros (en total 390 euros).

Se hai algún alumn@ que precise dalgún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento e queredes falar co profesorado que imos con eles podedes  chamarme ou comentarmo na reunión.

jueves, 14 de noviembre de 2019

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 54 alumnos de 6º de EP e 3º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar un autocar de 63 prazas.

Debido a motivos persoais dos que organizamos a actividade  vémonos na obriga de cambiar de datas e finalmente terá lugar entre os días 01 e 06 de marzo (esquiando os días 02, 03, 04 e 05) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron o curso pasado.

O prezo por persona estará entre os 360- 370 euros. No caso de querer facer snow o suplemento é  de 20 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso.

Empezaremos a repartir esta semana ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que traer os 100 euros e poderían recoller outro ata un máximo de cinco. IMPORTANTE: Non recollemos moedas, só billetes.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
MATERIAL: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

O XOVES 21 DE NOVEMBRO ás 16.00 teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.    

viernes, 8 de noviembre de 2019

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:
1º ESO A: 29 de novembro
1º ESO B: 28 de novembro
2º ESO A: 21 de novembro
2º ESO B: 20 de novembro
3º ESO A: 22 de novembro
3º ESO B: 21 de novembro
4º ESO A: 20 de novembro
4º ESO B: 20 de novembro