Tras rematar o prazo de entrega de
autorizacións temos un total de 54 alumnos
de 6º de EP e 3º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar un
autocar de 63 prazas.
Debido a motivos persoais dos
que organizamos a actividade vémonos na obriga
de cambiar de datas e finalmente terá lugar entre os días 01 e 06 de marzo (esquiando os días 02, 03, 04 e 05) na estación
de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron o curso pasado.
O prezo por persona estará entre os 360- 370
euros. No caso
de querer facer snow o suplemento é de 20 euros. En principio imos deixar que
o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW.
Para facer snow deberán levar protectores de pulso.
Empezaremos a repartir esta semana ao
alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da
viaxe, cando acaben un talonario teñen que traer os 100 euros e poderían
recoller outro ata un máximo de cinco. IMPORTANTE:
Non recollemos moedas, só billetes.
O
programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios
hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 dias de comida en pistas
/ 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases
de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
MATERIAL: Protector solar (factor 25-50) e
labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón
de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns
altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.
O XOVES 21 DE NOVEMBRO ás 16.00
teremos unha reunión coas familias
para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario