1. A partir do luns 03 de maio, e se a situación sanitaria o permite, empezaremos a deixar algún tipo de material deportivo para que poidades xogar nos recreos baixo unhas normas. O centro cree, que salvo algunha excepción, estades a cumprir de xeito responsable coas normas relacionadas coa COVID e estamos dispostos a abrir algo estas restriccións.
2. Os
espazos seguirán a repartirse por cursos: 1º e 2º de ESO (ESPAZO 1) e 3º e 4º
de ESO (ESPAZO 2). Pero cambiaremos de espazo SEMANALMENTE.
3. ESPAZO 1: Patio do comedor e parte superior do patio cuberto: poderase xogar ao brilé no patio do comedor, na canastra pegada ao edificio da ESO e na mesa de ping-pong ubicada nesa zona.
ESPAZO 2: Campo de fútbol-sala e parte inferior do patio cuberto: poderase xogar ao fútbol-sala no campo, na canastra pegada ao edificio da ESO e na mesa de ping-pong ubicada nesa zona
4. No campo de brilé haberá un máximo de 12 personas intentando minimizar os contactos. No campo de fútbol-sala xogarán un máximo de 14 personas intentando minimizar os contactos. Nas canastras SÓ se poderán realizar xogos coma “o 21, o KO ou o -15”. Non se poderá xogar partidos e haberá unha limitación de 8 personas xogando. Nas mesas de ping-pong haberá que dispoñer de MATERIAL PROPIO que non se poderá compartir e só se poderá xogar individualmente.
5. O
material estará ubicado dentro do pavillón nunha caixa onde se recollerá e
se volverá a deixar unha vez que soe o timbre. O material será o seguinte: un
balón de brilé, un balón de fútbol e dous balóns de baloncesto.
6.
Deberán seguir cumpríndose as normas relacionadas coa COVID: mascarilla,
desinfección de mans e trataremos de manter a distancia de seguridade o máximo
que poidamos.
7. De
observarse por parte do profesorado de garda que estas normas se incumpren
sistemáticamente procederemos a retirar o material e volveremos á situación
anterior.
8. No
caso de estar chovendo e estar toda a ESO no patio cuberto non se podería
utilizar o material.