jueves, 29 de abril de 2021

PROXECTO RÍOS: SAÍDA AO RÍO CALLOU

O venres 16 de abril colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. 

O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. 

Despois de máis dun ano de non poder realizar ningún tipo de saída foi un auténtico pracer para mín e para Begoña acompañar a Cristina e ao alumnado nesta actividade. O voso comportamento foi excelente e o traballo realizado... bueno, algúns traballaron máis que outros. Moitas grazas a Cris pola oportunidade de poder saír de novo do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario