jueves, 23 de junio de 2022

DESPEDIDA 4º ESO


Ao final con este final de curso descafeinado e caótico non tiven ocasión de sacar foto cos de 4º ESO A, por eso vai esta foto da graduación na que non estou eu pero estades a maioría. Nin foto, nin enquisa de final de curso, nin palabras de despedida, nin rafting...

A verdade é que todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Sempre hai en vós unha unha mistura de nostalxia e esperanza: nostalxia por deixar un centro que case foi a vosa casa e esperanza pensando no que o futuro vos terá reservado. O único consello que vos podo dar é que creades en vós mesmos, que loitedes  polo que queredes, que intentedes non facer dano aos demais e que sen traballo ninguén vos vai regalar nada.

Dende este blogue so quería desexarvos toda a sorte do mundo nesa etapa alonxados de nós que ides comezar, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. Un bico a todos!!!!

miércoles, 22 de junio de 2022

FIN DE CURSO. POR FIN!!!

Este curso foi un ano raro. Non sei se podería con outra semana máis. O curso no que por fin a pandemia nos deixou empezar a facer algunha actividade e o primeiro curso sen exames de setembro aínda que perdamos case todo o mes de xuño. En fin, desexarvos a tod@s unhas felices vacacións, que descansedes todo o que poidades, que gastedes uns minutos en analizar cómo foi o voso curso e ver en que podedes mellorar. Eu prometo facer o mesmo. Un saúdo a todos. Bó verán.

CANCELACIÓN RAFTING



Debido a moitas baixas de última hora temos que proceder á cancelación da actividade de rafting que tiñamos prevista para o luns 27 de xuño. Unha mágoa porque era unha actividade moi interesante para vós. Quédame aínda xente por devolverlle o importe da actividade, os que faltades buscádeme hoxe polo centro. Un abrazo a tod@s. 

domingo, 19 de junio de 2022

APRAZAMENTO ACAMPADA

A acampada prevista para os días 19 e 20 de xuño queda aprazada para os días 30 de xuño e 01 de xullo (xoves e venres)  debido ás adversas condicións metereolóxicas. Lamento moito o cambio porque hai alumnado que non pode ir nas novas datas pero non quedou outra opción. Outra vez será...

martes, 14 de junio de 2022

FOTOS SAÍDA TERRAS DO MANDEO 2º ESO


Déixovos no enlace de abaixo as fotos sacadas na saída "Ría de Betanzos. Terras do Mandeo" organizada polo departamento de Bioloxía. Unha aperta a tod@s.

https://photos.app.goo.gl/haV3rPidF9aKeRpX7

jueves, 9 de junio de 2022

PROXECTO RÍOS. SAÍDA AO RÍO CALLOU 21-22

O xoves 09 de xuño colaboramos co Departamento de Bioloxía do CPI Cruz do Sar nunha saída co grupo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO ao río Callou para inspeccionar o estado do río dentro do denominado Proxecto Ríos. 

O Proxecto Ríos é un programa de educación ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de medio Ambiente e promovido por ADEGA. O proxecto trata de involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. 

Agradecer a Cristina a oportunidade de poder acompañarnos nesta actividade. Pinchando no enlace teredes acceso ás fotos que sacamos.


martes, 7 de junio de 2022

AUTORIZACIÓN RAFTING 21-22


O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o luns día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball.

O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.

A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·        A saída será do concello de Bergondo  ás 8.30 h. do día 27 de Xuño.

·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa preto do río Ulla.

·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.

·       A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·     O prezo é entre 40-42 euros, esto inclúe a actividade de rafting e de paintball.. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 30 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.

·        É obrigatorio saber nadar.

·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.

·        A data límite para entregar  as autorizacións é o venres 10 de xuño.

domingo, 5 de junio de 2022

PROGRAMA E MATERIAL ACAMPADA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO

10:00   Saída de Bergondo (Concello)

11:00   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)

12:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades

14:00   Xantar no cámping

15:30   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)

16:00   Piragüismo no Encoro do Eume

19:30   Regreso ao Cámping

21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS

08:00   Levantarse

08:30   Almorzo

09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)

13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus

14:00   Xantar

16:30   Recollida tendas

17:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo

18:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo

PREZO:  40  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o venres 10 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.

 

 MATERIAL RECOMENDADO:

- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)

- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA

- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.

- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...

- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

- OUTROS: Lanterna

FOTOS XOGOS POPULARES 21-22

Con moito retraso subo algunhas das fotos que sacamos na xornada de xogos populares que celebramos o derradeiro día antes de Semana Santa. Podedes velas no seguinte enlace:

https://photos.app.goo.gl/VnvvmTRwFMAqSsc59