Ao final con este final de curso descafeinado e caótico non tiven ocasión de sacar foto cos de 4º ESO A, por eso vai esta foto da graduación na que non estou eu pero estades a maioría. Nin foto, nin enquisa de final de curso, nin palabras de despedida, nin rafting...
A verdade é que todos os anos o alumnado de 4º de ESO abandona o centro para seguir o seu camiño. Sempre hai en vós unha unha mistura de nostalxia e esperanza: nostalxia por deixar un centro que case foi a vosa casa e esperanza pensando no que o futuro vos terá reservado. O único consello que vos podo dar é que creades en vós mesmos, que loitedes polo que queredes, que intentedes non facer dano aos demais e que sen traballo ninguén vos vai regalar nada.
Dende este blogue so quería desexarvos toda a sorte do mundo nesa etapa alonxados de nós que ides comezar, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices. Un bico a todos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario