viernes, 11 de abril de 2025
VACACIÓNS SEMANA SANTA
RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN
Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria realizada o martes día 08 de abril foron os seguintes:
1º ESO A: 24 alumnos 24 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
1º ESO B: 24 alumnos 23 aprobados 01 suspensos 96% aprobados
TOTAL 1º 48 alumnos 47 aprobados 01 suspensos 98% aprobados
2º ESO A: 24 alumnos 24 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
2º ESO B: 25 alumnos 25 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
TOTAL 2º 49 alumnos 49 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
3º ESO A: 19 alumnos 19 aprobados 00 suspensos 100% aprobados
3º ESO B: 19 alumnos 18 aprobados 01 suspensos 95% aprobados
TOTAL 3º 38 alumnos 37 aprobados 01 suspensos 97% aprobados
4º ESO A: 24 alumnos 22 aprobados 02 suspensos 92% aprobados
4º ESO B: 24 alumnos 23 aprobados 01 suspensos 96% aprobados
TOTAL 4º: 48 alumnos 45 aprobados 03 suspensos 94% aprobados
TOTAL 183 alumnos 178 aprobados 05 suspensos 97% aprobados
FOTOS TORNEO FÚTBOL SALA 24-25
Déixovos o enlace ás fotos do torneo. Se alguén sacou algunha e quere que as suba que mas envíe. Unha aperta.
RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA 24-25
9 equipos participaron nesta nova edición do Torneo de fútbol-sala no CPI Cruz do Sar coa victoria final do equipo "XABARÍN CLUB" nunha apaixoante final contra o euipo "XOSE ANTONIO´S" decidida na tanda de penaltis. Noraboa aos campións e a todos os participantes e asistentes ao torneo. Coma sempre o ambiente nas gradas foi impresionante, sobre todo no partido de exhibición dos gañadores contra o equipo de prof@s. Mandarlle un saúdo especial a Mateo, que hoxe non poido estar con nós. Bueno, pois a descansar, recuperarse e a disfrutar dunhas merecidas vacacións.
XOVES OS LOIS – TOMATITOS (2-6)
09:45-10:15 TOMATITOS – XOSE ANTONIO´S (1-6)
10:15-10:45 A MOLE – SANGÜESUDOS (6-2)
10:45-11:15 MERMELADOS – XABARÍN CLUB (1-10)
11:15-11:45 FUENTEALBILLA – RULETA M. (4-0)
SEMIFINALES
11:45-12:15 XOSE ANTONIO´S – A MOLE (5-2)
12:15-12:45 XABARÍN C - R. FUENTEALBILLA (0-1)
FINAL
13:00-13-30 XOSE ANTONIO´S – XABARÍN C. (2-2)
martes, 8 de abril de 2025
FOTOS TORNEO XADREZ 24-25
RESULTADOS IV TORNEO XADREZ CRUZ DO SAR
Este martes 08 de abril celebramos no CPI Cruz do Sar o IV Torneo de Xadrez. Houbo un total de 117 inscritos dos diferentes cursos da ESO e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Este curso incorporamos ao alumnado de 4º de EP que fixo un gran papel.
Felicitar a tod@s, en especial aos de Primaria e a todos os que estivestes loitando ata a derradeira partida para mellorar o voso posto. Unha mágoa non poder facer as oito rondas porque a verdade é que estaba a ser un torneo moi interesante.
Agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación e uns estades máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ. A seguir disfrutando do xadrez, aínda que estaría ben que algúns practicarades algo durante o ano e non só cando toca torneo.
2º Clasificado: David Alonso Negreira
3º Clasificado: Leire Sandá López
4º Clasificado: Yerai Álvarez Pombo
Mellor alumna clasificada: Leire Sandá López
Mellor clasificado de 4º de EP: Jorge Sanjurjo Portero
Mellor clasificado de 6º de EP: Luca Varela Codesal
Mellor clasificado de 1º de ESO: Álvaro Fernández Sánchez
Mellor clasificado de 2º de ESO: Franco Bencomo Vicedo
Mellor clasificado de 3º de ESO: David Alonso Negreira
Mellor clasificado de 4º de ESO: Yerai Álvarez Pombo
sábado, 5 de abril de 2025
FOTOS ACROSPORT 24-25
Déixovos aos cursos de 3º de ESO as fotografías de acrosport que sacamos na última clase adicada ás grandes estructuras. Grazas a tod@s os que colaborastes na realización das figuras ou na toma das imáxenes. Pódedes atopar todas as imáxenes no enlace: https://photos.app.goo.gl/7yLDvPt2DsBSVRCy5
martes, 1 de abril de 2025
AUTORIZACIÓN SURF 24-25
O prezo da actividade é de 15 euros por día. O prezo está calculado para unha ratio de 25 participantes.
- MENOS DE 25 ANOTADOS IREMOS TODOS OS DOUS DÍAS (30€)
- MÁIS DE 25 ANOTADOS FAREMOS DOUS GRUPOS (15€) (1 DÍA) CADA GRUPO IRÁ SÓ UN DÍA
Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase dos días que irá cada grupo e do prezo definitivo.
A actividade inclúe o transporte en autocar ata a praia de Bastiagueiro e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf da empresa Pradosurf.
Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas: bañador, toalla, chanclas e protector solar.
CALENDARIO TORNEO FÚTBOL-SALA
O torneo de fútbol-sala terá lugar os días 10 e 11 de abril cos seguintes horarios aproximados:
XOVES 10 DE ABRIL
12:30-13:00 OS LOIS - TOMATITOS (1)
Árbitro: Juan Luis Allegue
VENRES 11 DE DECEMBRO
09:20-09:45 ENTRADA AO PAVILLÓN
09:45-10:15 Gañador 1 – XOSE ANTONIO´S (A)
Árbitro: Brais Losada
10:15-10:45 A MOLE – SANGÜESUDOS (B)
Árbitro: Daniel Cubeiro
10:45-11:15 MERMELADOS – XABARÍN CLUB (C)
Árbitro: Hugo Fernández
11:15-11:45 FUENTEALBILLA – RULETA MECÁNICA (D)
Árbitro: Pablo Rodríguez
11:45-12:15 Gañador A – Gañador B
12:15-12:45 Gañador C – Gañador D
13:00-13:30 Gañador A-B / Gañador C-D
13:45-14:15 Gañador Torneo - Equipo prof@s
NORMAS TORNEO FÚTBOL-SALA 24-25
NORMAS XERAIS
Cada partido durará 2 partes de 10 minutos incluido as semifinais e a final. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:
1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.
2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.
3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.
4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.
5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto aos compañeiros, aos contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.
6. O público deberá manter tamén un comportamento deportivo animando ao equipo que queiran, pero sen facer comentarios despectivos hacia os rivais ou hacia os árbitros. De producirse algunha situación deste tipo os implicados deberán abandonar o recinto.