Rematamos a 2ª avaliación e case o curso, cando voltemos ás aulas quedarán unhas sete semanas de clase incompletas porque temos a ponte do 01 de maio. En xeral, os vosos resultados empeoraron nesta 2ª avaliación con respecto á 1ª. Quixera pedirvos un esforzo pola vosa parte, sobre todo aos que estades en 4º, para poder mellorar estos resultados en xuño. Non valen excusas de se os profes, se non tiven tempo, se me teñen manía... Nós non somos perfectos pero vós tedes que facer un pequeno exercicicio de análise de porqué tedes estes resultados; e seguro que vós dades conta de que a maior responsabilidade recae en vós. Espero que a inmensa maioría poida remontar en xuño, depende unicamente de vós, confiade nas vosas capacidades e posibilidades e priorizade durante algún tempo o estudio sobre o resto das vosas actividades (e redes sociais). Voltamos o 22 de abril. Descansade e recuperade despois dun torneo de fútbol intenso e con moitos tocados físicamente. Vémonos nuns días. Unha aperta a tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario