Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 100 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.
A viaxe será do día 14 ao 18 de decembro (esquiando os días 15, 16, 17 e 18) na estación de Astún (Jaca, provincia de Huesca).
O prezo por persoa será de 515 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 25 euros. Para facer snow deberán levar protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.
Este ano REALIZAREMOS OS PAGOS DIRECTAMENTE NA CONTA DA AXENCIA “VIAXES ROBERTO” NO NÚMERO:
ES19 0049 7712 5422 1004 1291
1º
PAGO 210 euros 17 de Novembro
2º
PAGO 205 euros 04 de Decembro
Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe. Cando acaben un talonario (100 rifas a 2€) poden recoller un segundo e incluso un terceiro talonario (50 rifas a 2€).
NON HAI QUE INGRESAR O IMPORTE DAS RIFAS
No caso de non poder ir finalmente á
excursión as rifas non vendidas e o importe das rifas vendidas debe ser
reintegrado ao centro, se algunha familia non está dacordo que non recolla
as rifas.
Realizaremos
unha reunión coas familia no
AUDITORIO da SENRA o XOVES 13 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con
detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as
dúbidas que poidan xurdir.

