Pinchando na imaxe podedes acceder ao Protocolo Covid para a materia de Educación Física, se tedes algunha aportación será benvida. Un saúdo a tod@s.
domingo, 27 de septiembre de 2020
sábado, 26 de septiembre de 2020
NORMAS COVID CRUZ DO SAR
NORMAS COVID CRUZ DO SAR |
|
OBXECTIVO: GARANTIR O DISTANCIAMENTO E UN ESCASO
INTERCAMBIO DE ESPAZOS. |
|
síntomas
COVID - febre +37,5 / tose seca 7 dificultade respiratoria / dor muscular / cansazo / dor de gorxa / perda gusto ou olfacto / diarrea |
|
AULA |
|
● Tanto na primeira sesión como
despois de cada recreo, o
profesorado de aula debe controlar a
hixienización de mans. ● Cando se utilice material
compartido (bolígrafos, papel, …) realizarase un previo aseo de mans. ● O non respecto ás normas de prudencia sanitaria, suporá unha falta leve. ● MÁSCARA, obrigatoria dende os 6 anos. Agás prescrición facultativa. ● Ventilación: ao inicio e final da mañá (15 min)
e recreos. ● Para evitar a volatilidade do material debido a ventilación necesaria
nos recreos deben de quedar as mesas recollidas. ● Nos recreos as aulas quedarán abertas para ventilación. ● O material da biblioteca de
aula (dicionarios, p.ex.), no caso de ser usado, debe pasar
catro horas de corentena nunha caixa
específica. Na entrada do día
seguinte reincorporaráse a súa localización habitual. |
|
ENTRADA/SAÍDA |
|
●
O profesorado de garda irá guiando a entrada do alumnado por orde de
chegada de bus. Á vez tamén accederá o de madrugadores e transporte
individual. ●
O acceso ás aulas realizarase
pola primeira escaleira. A baixada, pola do fondo do vestíbulo. ●
Unha marca no vestíbulo delimita
a zona de paso do alumnado fronte a de estancia para xestións
administrativas. ●
As portas de entrada edificios A
e C teñen unha delimitación para coincidencias de entrada/saída. Circulación
polo lado dereito. ●
Á saída,
o profesorado de aula da última sesión acompañará ao alumnado de xeito organizado cara o comedor e buses. |
|
RECREOS |
|
●
O profesorado de aula ordenará a saída para evitar excesiva
confluencia nas escaleiras. A orde sería 1ºA-3ºC,
1ºB-3ºB, 2ºA-3ºA, 2ºB. No edificio C: 4ºB, 4ºA. ●
As saídas da aula realizaranse por proximidade á porta, de fila e
posto. ●
Na medida do posible a entrada dos recreos debería realizarse en orde
inversa á saída. ●
Os días solleiros repartiranse
os cursos nos 3 espazos: ○
1º: patio cuberto (metade
superior) ○
2º: patio de comedor ○
3º: pista polideportiva ○
4º: patio cuberto (metade
inferior) ●
A localización variará mes a
mes. ●
Non se diferencian espazos entre o alumnado do mesmo nivel. Procurarase que non se formen grupos con excesiva proximidade. ●
Os días chuviosos, de principio
no patio cuberto. En catro zonas delimitadas por liñas amarelas. ●
Quedan prohibidos os xogos con pelota. ●
A entrada ao final dos recreos farase respectando a proximidade á
porta de acceso (patio cuberto, patio comedor,
pista). ●
Ao remate do recreo ningun
alumno poderá acceder aos sevizos ata que o profesor de aula o autorice. |
|
GARDAS |
|
●
Aula de convivencia (2 mesas
primeira planta!?). ●
Durante os recreos haberá un
profesor de garda por espazo e un no interior do edificio A para control de
acceso a baños. ●
Nas sesións posteriores aos
recreos o profesorado de garda deberá subir inmediatamente para suplir a
compañeir@s que tiñan garda de recreo. ●
En caso de que un alumno ou
alumna presente sintomatoloxía protocolo COVID o profesorado de garda levarao
á aula COVID cunha máscara cirúrxica e chamará a familia. |
|
FAMILIAS |
|
No inicio do curso 20/21 é conveniente ter presentes as
normas de prudencia que a situación de posible contaxio COVID esixe. ● As familias deben de ser conscientes en todo momento do beneficio
individual e colectivo que implica respectar as nomas de hixiene e
distanciamento en todo o proceso escolar (transporte, aula, recreo,
comedor…). ● Ante calquera sintomatoloxía do protocolo COVID o alumno ou alumna
non debe acudir ao centro. ● Nestes casos sempre é necesario notificalo ao centro de saúde e ao
centro educativo. ● Cada alumno debe de traer unha máscara de reposto. E unha bolsa ou
estoxo para gardala de forma hixiénica no caso de ir ao comedor. ● Neste curso non se poderán usar as taquillas, polo que se recomenda unha revisión diaria do material preciso para cada día. ● Os teléfonos de contacto
das familias deberían estar operativos en todo momento, por se fose preciso
unha chamada de urxencia. |
INICIO CURSO 20-21
Ola a tod@s:
Iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar marcado pola presenza do coronavirus SARS-CoV-2, veredes que hai moitos protocolos e que moitas cousas van ser diferentes. Esto non significa nada, só que temos que acostumarnos a esta nova realidade. Evidentemente, non vai ser igual que en anos anteriores pero temos que aprender a convivir con esta situación ata que poidamos acabar co virus.
A materia de EF terá que cambiar; en principio non poderemos ter actividades colaborativas e en equipo, e iso significa na práctica que a nosa asignatura perderá contidos importantes. Espero poder compensar estes contidos con outros que poidan motivarvos. Veremos como evoluciona o curso e a situación sanitaria.
Benvid@s a tod@s. A verdade é que vos botaba moito de menos. Grazas por estar aquí de novo.