sábado, 26 de septiembre de 2020

INICIO CURSO 20-21


Ola a tod@s:

Iniciamos un novo curso no CPI Cruz do Sar marcado pola presenza do coronavirus SARS-CoV-2, veredes que hai moitos protocolos e que moitas cousas van ser diferentes. Esto non significa nada, só que temos que acostumarnos a esta nova realidade. Evidentemente, non vai ser igual que en anos anteriores pero temos que aprender a convivir con esta situación ata que poidamos acabar co virus.

A materia de EF terá que cambiar; en principio non poderemos ter actividades colaborativas e en equipo, e iso significa na práctica que a nosa asignatura perderá contidos importantes. Espero poder compensar estes contidos con outros que poidan motivarvos. Veremos como evoluciona o curso e a situación sanitaria.

Benvid@s a tod@s. A verdade é que vos botaba moito de menos. Grazas por estar aquí de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario