domingo, 28 de junio de 2020

FIN DE CURSO 19-20

Remata o curso 19-20. Un curso que ía ser especial para mín por ser o primeiro no CPI Cruz do Sar despois de 19 anos noutro centro. O que non agardaba era que ía ser tan raro por culpa do coronavirus e que estariamos máis de tres meses sen vernos presencialmente. Para mín foi un curso duro por circuntancias estritamente persoais, en canto á miña relación profesional con vós creo que en xeral sodes uns grupos que funcionan aceptablemente ben. O peor do confinamento foi non poder seguir coñecéndonos e ter que suspender todas as actividades extraescolares previstas.
Quería tamén pedirvos desculpas se nalgún momento vos molestou algunha cousa que fixen ou dixen, xa sabedes que son un pouco "especial" pero nada máis lonxe da miña intención que causarvos dano. Supoño que pouco a pouco irémonos coñecendo mellor.
Desexarvos un bo verán, o virus aínda circula por ahí polo que tedes que tratar de evitar as aglomeracións, manter a distancia de seguridade e ter unha boa hixiene de mans. Espero e desexo poder vernos en setembro dunha maneira "normal".
Un abrazo a tod@s e intentade ser felices.

No hay comentarios:

Publicar un comentario