sábado, 26 de septiembre de 2020

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

 

 Achégovos as normas Covid do centro para os que todavía non as coñezan.

NORMAS COVID CRUZ DO SAR

OBXECTIVO: GARANTIR O DISTANCIAMENTO E UN ESCASO INTERCAMBIO DE ESPAZOS.  

 síntomas COVID

 - febre +37,5 / tose seca 7 dificultade respiratoria / dor muscular / cansazo / dor de gorxa / perda gusto ou olfacto / diarrea

AULA

 ●     O profesorado encargarase da apertura de ventás e persianas.

●     Tanto na primeira sesión como despois de cada recreo, o profesorado de aula debe controlar a hixienización de mans.

●     Cando se utilice material compartido (bolígrafos, papel, …) realizarase un previo aseo de mans.

●     O non respecto ás normas de prudencia sanitaria, suporá unha falta leve.

●     MÁSCARA, obrigatoria dende os 6 anos. Agás prescrición facultativa.

●     Ventilación: ao inicio e final da mañá (15 min)  e recreos.

●     Para evitar a volatilidade do material debido a ventilación necesaria nos recreos deben de quedar as mesas recollidas.

●     Nos recreos as aulas quedarán abertas para ventilación.

●     O material da biblioteca de aula (dicionarios, p.ex.), no caso de ser usado, debe pasar catro horas de corentena nunha caixa específica. Na entrada do día seguinte reincorporaráse a súa localización habitual.

ENTRADA/SAÍDA

●     O profesorado de garda irá guiando a entrada do alumnado por orde de chegada de bus. Á vez tamén accederá o de madrugadores e transporte individual.

●     O acceso ás aulas realizarase pola primeira escaleira. A baixada, pola do fondo do vestíbulo.

●     Unha marca no vestíbulo delimita a zona de paso do alumnado fronte a de estancia para xestións administrativas.

●     As portas de entrada edificios A e C teñen unha delimitación para coincidencias de entrada/saída. Circulación polo lado dereito.

●     Á saída, o profesorado de aula da última sesión acompañará ao alumnado de xeito  organizado cara o comedor e buses.

RECREOS

●     O profesorado de aula ordenará a saída para evitar excesiva confluencia nas escaleiras. A orde sería 1ºA-3ºC, 1ºB-3ºB, 2ºA-3ºA, 2ºB. No edificio C: 4ºB, 4ºA.

●     As saídas da aula realizaranse por proximidade á porta, de fila e posto.

●     Na medida do posible a entrada dos recreos debería realizarse en orde inversa á saída.

●     Os días solleiros repartiranse os cursos nos 3 espazos:

○     1º: patio cuberto (metade superior)

○     2º: patio de comedor

○     3º: pista polideportiva

○     4º: patio cuberto (metade inferior)

●     A localización variará mes a mes.

●     Non se diferencian espazos entre o alumnado do mesmo nivel. Procurarase que non se formen grupos con excesiva proximidade.

●     Os días chuviosos, de principio no patio cuberto. En catro zonas delimitadas por liñas amarelas.

●     Quedan prohibidos os xogos con pelota.

●     A entrada ao final dos recreos farase respectando a proximidade á porta de acceso (patio cuberto, patio comedor, pista).

●     Ao remate do recreo ningun alumno poderá acceder aos sevizos ata que o profesor de aula o autorice.

GARDAS

●     Aula de convivencia (2 mesas primeira planta!?).

●     Durante os recreos haberá un profesor de garda por espazo e un no interior do edificio A para control de acceso a baños.

●     Nas sesións posteriores aos recreos o profesorado de garda deberá subir inmediatamente para suplir a compañeir@s que tiñan garda de recreo.

●     En caso de que un alumno ou alumna presente sintomatoloxía protocolo COVID o profesorado de garda levarao á aula COVID cunha máscara cirúrxica e chamará a familia.

FAMILIAS

No inicio do curso 20/21 é conveniente ter presentes as normas de prudencia que a situación de posible contaxio COVID esixe.

●     As familias deben de ser conscientes en todo momento do beneficio individual e colectivo que implica respectar as nomas de hixiene e distanciamento en todo o proceso escolar (transporte, aula, recreo, comedor…).

●     Ante calquera sintomatoloxía do protocolo COVID o alumno ou alumna non debe acudir ao centro.

●     Nestes casos sempre é necesario notificalo ao centro de saúde e ao centro educativo.

●     Cada alumno debe de traer unha máscara de reposto. E unha bolsa ou estoxo para gardala de forma hixiénica no caso de ir ao comedor.

●     Neste curso non se poderán usar as taquillas, polo que se recomenda unha revisión diaria do material preciso para cada día.

●     Os teléfonos de contacto das familias deberían estar operativos en todo momento, por se fose preciso unha chamada de urxencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario