domingo, 28 de noviembre de 2021

ALUMNADO SEMANA NEVE 21-22

 Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 59 alumnos de 3º e 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar un autocar de 63 prazas. En principio imos arriscarnos a tratar de levar adiante esta saída malia que as cifras de incidencia están volvendo a subir.

A viaxe será finalmente do día 13 ao 17 de febreiro (esquiando os días 14, 15, 16 e 17) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persona estará entre os 410- 415 euros. No caso de querer facer snow o suplemento é de 20 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso.

O alumnado anotado para a actividade terá que facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 30 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@. Asemade antes desa data deberán traer unha copia do certificado de vacinación da COVID.

Empezaremos a repartir a vindeira semana as rifas para que poidan financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que ingresar os 100 euros e poderían recoller outro ata un máximo de catro.

Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

Realizaremos unha reunión coas familias antes de Nadal para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe, aclarar as dúbidas que poida haber e analizar como vai a incidencia acumulada nesas datas. Sería aconsellable que non mercaran nada antes desa reunión por si acaso nos viramos na obriga de suspender a actividade,  No caso de suspensión posiblemente non recuperemos parte desa fianza (aproximadamente uns 40-50 € da reserva). Lamentamos esta incertidume pero as cifras da pandemia non invitan ao optimismo. Para calqueira dúbida podedes contactar comigo sen problema.

miércoles, 10 de noviembre de 2021

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO. 1ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:

1º ESO A: 22 de novembro
1º ESO B: 25 de novembro
2º ESO A: 25 de novembro
2º ESO B: 24 de novembro
3º ESO A: 23 de novembro
3º ESO B: 26 de novembro
4º ESO A: 23 de novembro
4º ESO B: 26 de novembro

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN


O xoves día 11 de novembro celébrase o DÍA DO PEÓN. Por este motivo durante os días 10, 11 e 12  de novembro adicaremos as clases de EF de Secundaria a tratar de aprender a "bailar o peón".

Asemade o xoves despois do segundo recreo haberá a degustación do Magosto onde disfrutaremos das tradicionais castañas. Agardamos que disfrutedes.

Déixovos o manifesto para o día do peón de BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) por se queredes botarlle un vistazo.

MANIFESTO DO DÍA DO PEÓN 2021

lunes, 8 de noviembre de 2021

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 21-22

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESOEsta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural e levarase a cabo sempre que a incidencia acumulada a 14 días non exceda de 150 que marca o risco medio.

A actividade realizaríase nos meses de xaneiro ou febreiro e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente sobre os 400 euros. A actividade estará aberta a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividadeO prazo para entregar a autorización é ata o venres 12 de novembro. 
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí