lunes, 8 de noviembre de 2021

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 21-22

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESOEsta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural e levarase a cabo sempre que a incidencia acumulada a 14 días non exceda de 150 que marca o risco medio.

A actividade realizaríase nos meses de xaneiro ou febreiro e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente sobre os 400 euros. A actividade estará aberta a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividadeO prazo para entregar a autorización é ata o venres 12 de novembro. 
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario