viernes, 31 de marzo de 2023

FOTOS TORNEO FÚTBOL SALA 22-23


Deixovos o enlace coas fotos do torneo. A descansar

RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA 22-23

Despois de dou días intensos e RUIDOSOS rematamos o Torneo de fútbol sala. Noraboa a todos os equipos por participar. Salvo algunha excepción e porque as gradas parecían un estercolero cando terminou o torneo o voso comportamento foi moito mellor do que esperaba. Felicitovos a tod@s. Aproveitade as vacacións para descansar e recargar pilas. Vémonos á volta.

 11:30-12:00       LA OLA – OS XURELIÑOS                       (5-3)

12:00-12:30       FUENTEALBILLA – TORRENTES         (3-4)

 

09:45-10:15       LA OLA – PELAGATOS                             (7-1)

10:15-10:45       CLUB DE FÚTBOL –LA IUPAC              (6-0)

10:45-11:15       SAMBIÑA – PETIT SUISSE                       (4-1)

11:15-11:45       MONASTERIO B. – TORRENTES           (4-0)

SEMIFINALES

11:45-12:15                LA OLA – CLUB DE FÚTBOL        (2-0)

12:15-12:45                SAMBIÑA – MONASTERIO B.       (0-3)

FINAL

13:00-13:30                LA OLA / MONASTERIO B.            (2-1)

miércoles, 29 de marzo de 2023

FOTOS II TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR


No seguinte enlace tedes o acceso ás fotos que sacamos durante o torneo de xadrez. Son poucas, pero bueno, cando as vexades co paso do tempo teredes unha lembranza de cando erades "xadrecistas". Lembrade que tamén podedes acceder ás fotos das distintas actividades no menú da esquerda do blogue onde aparecen as actividades (para poder ver este menú dende o móbil hai que poñer a versión web)



RESULTADOS II TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Este mércores 29 de marzo celebramos no CPI  Cruz do Sar o II Torneo de Xadrez, houbo un total de 69 participantes dos diferentes cursos da ESO. O final do torneo foi un pouco caótico entre as présas para recoller e as broncas aos de 4º. 

Quería agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación  e uns están máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.

Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Pedro Marcos Otero
2º Clasificado: Miguel Pinto Rodríguez
3º Clasificado: Víctor Fariña Roo
4º Clasificado: Aldán Rodríguez Mallo
Mellor alumna clasificada: Mencía González Landeira
Mellor clasificado de 1º de ESO: Mencía González Landeira
Mellor clasificado de 2º de ESO: Íker Eijo Martínez
Mellor clasificado de 3º de ESO: Pedro Marcos Otero
Mellor clasificado de 4º de ESO: Miguel Gómez Ramírez

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. 

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

sábado, 25 de marzo de 2023

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

 Resultados da 2ª Avaliación en ESO a realizar os días 28 e 29 de marzo:

1º ESO A:      21 alumnos        18  aprobados        03 suspensos         86% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados         02  suspensos        90% aprobados

TOTAL 1º     41 alumnos        36 aprobados         05 suspensos         88% aprobados

2º ESO A:      25 alumnos        24 aprobados         01 suspensos         96% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        23 aprobados         02 suspensos         92% aprobados

TOTAL 2º     50 alumnos        47  aprobados        03 suspensos          94% aprobados

3º ESO A:     19 alumnos         18 aprobados          01  suspensos        95% aprobados

3º ESO B:     21 alumnos         21 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 3º     40 alumnos         39 aprobados          01 suspensos         98% aprobados

4º ESO A:     17 alumnos         16  aprobados         01  suspensos         94%aprobados

4º ESO B:     17 alumnos         17 aprobados          00 suspensos        100% aprobados

TOTAL 4º:   34 alumnos         33  aprobados         01   suspensos        97% aprobados

TOTAL   165  alumnos   155 aprobados   10 suspensos   94% aprobados

II TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR. NORMAS

O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do mércores 29 de marzo no pavillón. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao pavillón en canto toque o timbre de entrada . O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.

Hai un total de 69 alumn@s anotados de Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.

O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.

HORARIOS DE CADA RONDA 

1ª Ronda: 09:30

2ª Ronda: 10:00

3ª Ronda: 10:30

4ª Ronda: 11:00

 11:30 – 12:00  DESCANSO

 5ª Ronda: 12:00

6ª Ronda: 12:30

7ª Ronda: 13:00

8ª Ronda: 13:30

 

Sorte a todos, lembrade que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.

II SEMANA XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Coincidindo coa celebración o día 29 de marzo do noso II Torneo de Xadrez no CPI Cruz do Sar durante toda a semana do 27 ao 30 de marzo teremos no pavillón todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. 

Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender. Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días.
ANIMÁDEVOS

sábado, 18 de marzo de 2023

HORARIOS PARTIDOS TORNEO FÚTBOL

 O torneo de fútbol-sala terá lugar o día 30 E 31 de marzo cos seguintes horarios aproximados:

XOVES 30 DE MARZO

11:30-12:00       LA OLA – OS XURELIÑOS                       (1)

12:00-12:30       FUENTEALBILLA – TORRENTES         (2)

VENRES 31 DE MARZO

09:20-09:45       ENTREGA NOTAS – ENTRADA AO PAVILLÓN

09:45-10:15       Ganador 1 – PELAGATOS                          (A)

10:15-10:45       CLUB DE FÚTBOL –LA IUPAC              (B)

10:45-11:15       SAMBIÑA – PETIT SUISSE                       (C)

11:15-11:45       MONASTERIO B. – Gañador 2                 (D)

11:45-12:15                SEMIFINAL 1: Gañador A – Gañador B

12:15-12:45                SEMIFINAL 2: Gañador C – Gañador D

13:00-13:30                FINAL:Gañador A-B / Gañador C-D

13:30-13-45                Saída -  Comedor

NORMAS TORNEO FÚTBOL-SALA

 NORMAS XERAIS

Cada partido durará 2 partes de 10 minutos incluido as semifinais e a final. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:

1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.

2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.

3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.

4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.

5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto aos compañeiros, aos contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.

6. O público deberá manter tamén un comportamento deportivo animando ao equipo que queiran, pero sen facer comentarios despectivos hacia os rivais ou hacia os árbitros. De producirse algunha situación deste tipo os implicados deberán abandonar o recinto.

domingo, 12 de marzo de 2023

AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 22-23

Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés)  O Cebreiro – Triacastela - Sarria durante os días 13 e 14 de Abril.

OBXECTIVOS:

Ø  Realizar unha marcha nun medio natural e urbano.

Ø  Adaptarse ás condicións ambientais e climatolóxicas.

Ø  Desenrolar a capacidade de convivencia.

Ø  Coñecer a variedade multicultural dos pobos e os medios naturais polos que transita o chamado Camiño Francés. 

CONTIDOS:

Ø  Realización dunha marcha.

Ø  Coñecemento xeográfico, artístico e natural da zona.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

KILÓMETROS TOTAIS: 40 km. Repartidos en 2 etapas: O Cebreiro - Triacastela (21 Km) e Triacastela - Sarria (19 Km), O bus nos levará ata O Cebreiro o xoves e o martes nos trasladará de novo  a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependo un pouco dos prezos.

 

ALBERGUES: Albergue Complexo Xacobeo. Rúa Santiago Nº 8.

1º día:    O CEBREIRO - TRIACASTELA (21 Km) (4-5h)

09:30     Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)

11:30     Chegada a O Cebreiro

11:45     Comezo  da etapa

14:00     Parada durante a etapa para xantar

18:00     Triacastela ( chegada albergue, ducha, cea)

 

2º día     TRIACASTELA - SARRIA (19 Km) (4-5h)

08:00     Levantarse, almorzo

09:00     Saída  de Triacastela

14:00     Chegada  a Sarria

15:00     Xantar Sarria

18:00     Saída hacia Bergondo

20:00     Chegada aproximada a Bergondo (Concello)

 

PREZO: Albergue Complexo Xacobeo (Triacastela) 12 €        12  EUROS

En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.

 

O prezo SÓ inclúe a estancia no albergue en Triacastela, o primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día, o almorzo e o xantar do venres.

O xantar do venres xa sería en Sarria. Tamén a opción de cea e almorzo no albergue (8€ e 13€, respectivamente)

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ANTES DO VENRES 10 DE MARZO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos.

 

CONSELLOS PRÁCTICOS

1.     Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.

2.     As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.

3.     Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.

4.     O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.

5.     Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado

6.     Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda

7.     Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues

MATERIAL RECOMENDADO:

COMIDA

ü  Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Triacastela ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Sarria para poder xantar alí.

CALZADO

ü  Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.

ROUPA

ü  SACO DE DURMIR

ü  Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.

ü  Varios pares de calcetíns de algodón

ü  Calzado de reposto

ü  Toalla de ducha e elementos de aseo persoal

ü  Chubasqueiro

ü  Gorra ou sombreiro para protexerse do sol

ü  Levade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.

BOTIQUÍN

ü  Tiritas, cacao, crema solar.

ü  Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

ü  Caxato de madeira, mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social.....