miércoles, 29 de marzo de 2023

RESULTADOS II TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Este mércores 29 de marzo celebramos no CPI  Cruz do Sar o II Torneo de Xadrez, houbo un total de 69 participantes dos diferentes cursos da ESO. O final do torneo foi un pouco caótico entre as présas para recoller e as broncas aos de 4º. 

Quería agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación  e uns están máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.

Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Pedro Marcos Otero
2º Clasificado: Miguel Pinto Rodríguez
3º Clasificado: Víctor Fariña Roo
4º Clasificado: Aldán Rodríguez Mallo
Mellor alumna clasificada: Mencía González Landeira
Mellor clasificado de 1º de ESO: Mencía González Landeira
Mellor clasificado de 2º de ESO: Íker Eijo Martínez
Mellor clasificado de 3º de ESO: Pedro Marcos Otero
Mellor clasificado de 4º de ESO: Miguel Gómez Ramírez

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. 

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario