domingo, 12 de marzo de 2023

AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 22-23

Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés)  O Cebreiro – Triacastela - Sarria durante os días 13 e 14 de Abril.

OBXECTIVOS:

Ø  Realizar unha marcha nun medio natural e urbano.

Ø  Adaptarse ás condicións ambientais e climatolóxicas.

Ø  Desenrolar a capacidade de convivencia.

Ø  Coñecer a variedade multicultural dos pobos e os medios naturais polos que transita o chamado Camiño Francés. 

CONTIDOS:

Ø  Realización dunha marcha.

Ø  Coñecemento xeográfico, artístico e natural da zona.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

KILÓMETROS TOTAIS: 40 km. Repartidos en 2 etapas: O Cebreiro - Triacastela (21 Km) e Triacastela - Sarria (19 Km), O bus nos levará ata O Cebreiro o xoves e o martes nos trasladará de novo  a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependo un pouco dos prezos.

 

ALBERGUES: Albergue Complexo Xacobeo. Rúa Santiago Nº 8.

1º día:    O CEBREIRO - TRIACASTELA (21 Km) (4-5h)

09:30     Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)

11:30     Chegada a O Cebreiro

11:45     Comezo  da etapa

14:00     Parada durante a etapa para xantar

18:00     Triacastela ( chegada albergue, ducha, cea)

 

2º día     TRIACASTELA - SARRIA (19 Km) (4-5h)

08:00     Levantarse, almorzo

09:00     Saída  de Triacastela

14:00     Chegada  a Sarria

15:00     Xantar Sarria

18:00     Saída hacia Bergondo

20:00     Chegada aproximada a Bergondo (Concello)

 

PREZO: Albergue Complexo Xacobeo (Triacastela) 12 €        12  EUROS

En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.

 

O prezo SÓ inclúe a estancia no albergue en Triacastela, o primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día, o almorzo e o xantar do venres.

O xantar do venres xa sería en Sarria. Tamén a opción de cea e almorzo no albergue (8€ e 13€, respectivamente)

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ANTES DO VENRES 10 DE MARZO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos.

 

CONSELLOS PRÁCTICOS

1.     Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.

2.     As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.

3.     Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.

4.     O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.

5.     Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado

6.     Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda

7.     Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues

MATERIAL RECOMENDADO:

COMIDA

ü  Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Triacastela ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Sarria para poder xantar alí.

CALZADO

ü  Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.

ROUPA

ü  SACO DE DURMIR

ü  Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.

ü  Varios pares de calcetíns de algodón

ü  Calzado de reposto

ü  Toalla de ducha e elementos de aseo persoal

ü  Chubasqueiro

ü  Gorra ou sombreiro para protexerse do sol

ü  Levade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.

BOTIQUÍN

ü  Tiritas, cacao, crema solar.

ü  Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

ü  Caxato de madeira, mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario