jueves, 26 de octubre de 2023

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 23-24

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP, 2º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización e facer o depósito é ata o venres 03 de novembro. 

     O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 03 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.


     A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (17-21) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente arredor dos 500 €. Estamos a barallar outras estacións e outros presupostos debido ao incremento de prezo respecto a outros anos. Irémosvos informando se hai cambios.


     O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

miércoles, 25 de octubre de 2023

UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN

 As unidades que estamos a  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 3. Voleibol
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Baloncesto

sábado, 21 de octubre de 2023

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entran as dez mellores marcas de cada proba. Aínda faltan por actualizar con datos deste curso as marcas de 1º e algunha de 2º.

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

lunes, 16 de octubre de 2023

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: luns, 06 de Novembro

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Souto e Manuel.
2. Zeltia, Brenda e Candela.
3. Alejandro, Bruno e Víctor.
4. Miguel, Pedro e Gabriel.
5. Miriam, Zóe e Vaz
6. Tania, Alba e Mateo.

GRUPOS 4º ESO B
1. Pablo e Anxo.
2. Aldán e Yago.
3. Mario, Daniel e Tomás.
4. Claudia, Manuela e Ada.
5. Emma, Carla e Zion.
6. Daniela, Clara e Icía.