jueves, 26 de octubre de 2023

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 23-24

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP, 2º e 3º de ESO. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización e facer o depósito é ata o venres 03 de novembro. 

     O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 03 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.


     A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (17-21) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente arredor dos 500 €. Estamos a barallar outras estacións e outros presupostos debido ao incremento de prezo respecto a outros anos. Irémosvos informando se hai cambios.


     O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario