miércoles, 18 de marzo de 2026

CALENDARIO TORNEO FÚTBOL SALA

 O Torneo de fútbol sala terá lugar os días 26 e 27 de marzo cos seguintes horarios aproximados:

XOVES 26 DE MARZO

14:00-14:30          PEPARDOS – L. MECÁNICA                (1)

VENRES 27 DE MARZO

09:45-10:15           GANADOR 1 – CASTORES                   (A)

10:15-10:45           MANCHESTER – ALXECIRAS             (B)

10:45-11:15           PITUFIÑOS – GALÁCTICOS                (C)

11:15-11:45          TORCEBOTAS – PINK DERCU´S         (D)


                                                       SEMIFINALES


11:45-12:15          GANADOR AGANADOR B

12:15-12:45          GANADOR C – GANADOR D

FINAL

13:00-13-30          GANADOR A-B – GANADOR C-D

14:00-14:30          PARTIDO EXHIBICIÓN

lunes, 9 de marzo de 2026

AUTORIZACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO 25-26

Realización do tramo do Camiño de Santiago (Camiño Francés) Arzúa – Pedrouzo - Santiago durante os días 09 e 10 de Abril.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:

KILÓMETROS TOTAIS: 29 km. Repartidos en 2 etapas: Arzúa - Pedrouzo (19 Km) e Pedrouzo - Santiago (20 Km), O bus nos levará ata Arzúa o xoves e o venres nos trasladará de novo a Bergondo. Hai tamén a posibilidade de que permaneza con nós os dous días, dependendo un pouco dos prezos.

ALBERGUES: Albergue REM Hostel O Pedrouzo, Avenida da Iglesia, Nº 7, O Pino

1º día:    ARZÚA - PEDROUZO (19 Km) (4-5h)

09:30     Saída de Bergondo (CPI Cruz do Sar)

11:00     Chegada a Arzúa

11:15     Comezo  da etapa

14:00     Parada durante a etapa para xantar

17:00     Pedrouzo (chegada albergue, ducha, cea)

2º día     PEDROUZO - SANTIAGO (20 Km) (4-5h)

08:00     Levantarse, almorzo

09:00     Saída  de Pedrouzo

14:00     Chegada  a Santiago

15:00     Xantar Santiago

17:30     Saída hacia Bergondo

19:00     Chegada aproximada a Bergondo (Concello)

 

PREZO: Albergue REM Hostel O Pedrouzo 13 €.

En principio o bus será abonado polo Concello polo que non vai incluido no prezo final.

O prezo inclúe a estancia no albergue en Pedrouzo. O primeiro día levaremos a comida para xantar durante a etapa. Despois terían que levar cartos para a cea dese día e o almorzo e xantar do venres en Santiago.

ENTREGAR A AUTORIZACIÓN ATA O VENRES 13 DE MARZO, para poder ir sabendo as prazas de bus que precisamos e facer as reservas no albergue.

 

CONSELLOS PRÁCTICOS

1.     Axusta-lo calzado ó pé para que non se produzan rozaduras.

2.     As etapas tentaremos facelas pola mañá, estamos menos cansos e máis mentalizados, polo que non podemos deitarnos tarde.

3.     Convén camiñar algo as semanas antes da actividade para ir afacendo os pés.

4.     O camiño está marcado con frechas amarelas e postes indicadores.

5.     Nos tramos de estrada camiñar pola beira esquerda, de un en un e con coidado

6.     Ó face-la mochila colocar os obxectos máis pesados no fondo e pegados á espalda

7.     Facer estiramentos antes de empezar a andar e ó chegar ós albergues

 

MATERIAL RECOMENDADO:

COMIDA

ü  Para o primeiro día levar a comida, para cear podemos facelo en Pedrouzo ou no albergue o que teña aínda comida. O segundo día chegaremos a Santiago para poder xantar alí.

CALZADO

ü  Tenis cómodos e USADOS, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé), tamén levar unhas zapatillas-plaieiros lixeiras para descansa-los pés no albergue.

ROUPA

ü  SACO DE DURMIR

ü  Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda.

ü  Varios pares de calcetíns de algodón

ü  Calzado de reposto

ü  Toalla de ducha e elementos de aseo persoal

ü  Chubasqueiro

ü  Gorra ou sombreiro para protexerse do sol

ü  Levade dúas mochilas: unha pequena para a comida e camiñar con ela e outra para a roupa do día seguinte e o saco que irán no bus.

BOTIQUÍN

ü  Tiritas, cacao, crema solar.

ü  Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.

OUTROS

ü  Caxato de madeira (opcional), mapa de ruta e compostela, navalla, agulla e fío, tarxeta  seg. social...

sábado, 7 de marzo de 2026

NORMAS TORNEO FÚTBOL SALA 25-26

O Torneo de fútbol sala terá lugar o venres 27 de marzo no pavillón. Déixovos as normas.

                                                                NORMAS XERAIS

Cada partido durará 2 partes de 10 minutos incluido as semifinais e a final. O alumnado participante deberá coñecer, aceptar e acatar as seguintes normas:

1. Os saques de banda e de esquina realizaranse co pé.

2. O porteiro poderá saír da área e xogar o balón co pé sen cometer falta.

3. O porteiro dende a súa propia portería non poderá lanzar o balón coa mán ou co pé mais aló do medio campo, de producirse esta situación sancionarase con falta a favor do outro equipo.

4. Todos os equipos deberán ter en pista durante todo o partido a unha xogadora. De incumprirse o equipo será descalificado.

5. Todos os participantes comprométense a manter un comportamento deportivo amosando o debido respecto aos compañeiros, aos contrarios e á figura do árbitro. Asemade respetarán as regras e non amosarán conductas violentas. De producirse calquera situación de violencia inxustificada o xogador será descalificado e non poderá seguir xogando o campionato.

6. O público deberá manter tamén un comportamento deportivo animando ao equipo que queiran, pero sen facer comentarios despectivos hacia os rivais ou hacia os árbitros. De producirse algunha situación deste tipo os implicados deberán abandonar o recinto.

V TORNEO XADREZ CRUZ DO SAR. NORMAS

 

     O vindeiro mércores 25 de marzo celebraremos a V edición do noso torneo de xadrez CPI Cruz do Sar. O torneo comezará sobre as 09:30 da mañá do mércores no pavillón. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao pavillón en canto toque o timbre de entrada . O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a ningunha clase ese día.

     Hai un total de 118 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.


     O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.

        

HORARIOS DE CADA RONDA

1ª Ronda: 09:30

2ª Ronda: 10:00

3ª Ronda: 10:30

4ª Ronda: 11:00

11:30 – 12:00  DESCANSO

5ª Ronda: 12:00

6ª Ronda: 12:30

7ª Ronda: 13:00

8ª Ronda: 13:30 

Sorte a todos, lembrade que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.

viernes, 13 de febrero de 2026

DATAS EXAMES TEÓRICOS 2ª AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para os cursos da ESO son as seguintes:


1º ESO A: 26 de febreiro
1º ESO B: 26 de febreiro
2º ESO A: 26 de febreiro
2º ESO B: 27 de febreiro
3º ESO A: 10 de marzo
3º ESO B: 03 de marzo
4º ESO A: 02 de marzo
4º ESO B: 27 de febreiro

jueves, 15 de enero de 2026

UNIDADES ESO 2ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 4. Balonmán
UD 5. Xogos populares e alternativos 1
2º ESO
UD 2. Atletismo 1
UD 4. Fútbol sala
UD 5. Floorball
3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 2. Actividades de raqueta 2.
UD 5. Xogos populares e alternativos 4.

sábado, 27 de diciembre de 2025

FOTOS SEMANA NEVE 25-26


Déixovos  o enlace coas fotos que fomos recopilando entre todos e as que tiñan tamén os profes. Hai anos nos que sacamos máis e outros que menos. Espero que vos gusten e sexan unha lembranza para vós. Malia que todos tedes autorización asinada no cole se alguén quere que se retire algunha foto que o comunique. Podedes acceder ás fotos pinchando no enlace ou a través do menú da dereita pinchando no icono da Semana Neve 25-26.

https://photos.app.goo.gl/VVH6ze27jU4XCW937

MEMORIA SEMANA NEVE 25-26

Ás 07:00 do venres 19 de decembro chegamos a Bergondo os integrantes do CPI Cruz do Sar  que iniciamos a viaxe a Astún. Lamentar que Álvaro tivera que voltar por separado en taxi debido á súa lesión. Desexarlle unha pronta recuperación e moito ánimo e paciencia durante os vindeiros días.

En canto ao resto agardar que a maioría disfrutarades o máximo posible desta experiencia, da evolución dos que xa levades anos facendo esta actividade e da aprendizaxe dos que empezades por primeira vez. No aspecto do comportamento a inmensa maioría tivo unha conduta exemplar, desexo que o outro 5% reflexione sobre as súas actitudes e que volvan a ler as mensaxes que vos mandei ao grupo.

Coma sempre o peor para mín é voltar con alumnos lesionados, o resto vaise esvaecendo na memoria. Agradecervos a todos a vosa paciencia comigo nestes días nos que son máis "gruñón" todavía do habitual. Grazas tamén aos profes que nos acompañaron, sen eles a realización desta saída tampouco sería posible.

Unha aperta a todos.



sábado, 13 de diciembre de 2025

SAÍDA SEMANA NEVE 25-26


Estamos a poucas horas de arrincar un ano máis hacia Astún. 
A estación está aberta pero non hai tanta neve coma o curso pasado. 
Superando o récord do curso 24-25 asisten á actividade 95 alumnos.
Lembrade que o bus sairá dende o concello de Bergondo ás 06:00 da mañá. 
A descansar. 


jueves, 11 de diciembre de 2025

RESULTADOS 1ª AVALIACIÓN

 Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria na materia de Educación Física foron os seguintes:

1º ESO A:      20 alumnos        19  aprobados      01 suspensos          95% aprobados

1º ESO B:      20 alumnos        18 aprobados       02 suspensos          90 % aprobados

TOTAL 1º      40 alumnos        37 aprobados       03 suspensos          93 % aprobados


2º ESO A:      28 alumnos         26 aprobados        02 suspensos         93 % aprobados

2º ESO B:      25 alumnos         23 aprobados        02 suspensos         92 % aprobados

TOTAL 2º      53 alumnos         49 aprobados        04 suspensos         92 % aprobados


3º ESO A:     27 alumnos         25 aprobados        02 suspensos         93% aprobados

3º ESO B:     25 alumnos         20 aprobados        05 suspensos         80% aprobados

TOTAL 3º     52 alumnos         45 aprobados        07 suspensos         86% aprobados


4º ESO A:     13 alumnos         08  aprobados       05 suspensos        61% aprobados

4º ESO B:     16 alumnos         15 aprobados        01 suspensos        94% aprobados

TOTAL 4º:     29 alumnos        23  aprobados       06 suspensos        79% aprobados

TOTAL     174  alumnos  154 aprobados    20 suspensos    89% aprobados