martes, 22 de octubre de 2019

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE 19-20

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 3º de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.
Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada).

A actividade realizaríase en principio no mes de xaneiro (12-16) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente entre os 360 euros (de ser 55 alumnos) ou 390 euros (de ser 35 alumnos)
A actividade estará aberta a todo o alumnado de 3º de ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o mércores 30 de outubro. 
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

domingo, 20 de octubre de 2019

UNIDADES 1ª AVALIACIÓN ESO

Como falamos o primeiro días de clase e como tedes nas vosas presentacións de materia, as unidades que imos  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición Física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición Física e saúde 2
UD 2. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición Física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2: Saltos e lanzamentos
4º ESO
UD 1. Condición Física e saúde 4
UD 2. Actividades de raqueta 2: Badminton 2

martes, 15 de octubre de 2019

FOTOS XORNADAS REMO 19-20

Durante as xornadas de remo que tivemos a semana pasada saquei bastantes fotos. Moitas estaban movidas ou borrosas polo que só subín as que estaban aceptables. Pido desculpas a aqueles que non saen en ningunha foto. Ás fotos podedes acceder pinchando no enlace seguinte: 
Tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade no menú da esquerda do blogue. Espero que a actividade vos gustara. Un saúdo a tod@s.

domingo, 6 de octubre de 2019

XORNADAS DE REMO

Esta semana estarán no CPI Cruz do Sar integrantes do Clube de Remo Olímpico do Mandeo - Bergondo para ofrecer ao alumnado da ESO e aos de 5º e 6º de Educación Primaria unha aproximación ao mundo do remo olímpico. Adicarán unha sesión a cada un dos cursos onde realizarán unha pequena presentación de 5-10' e posteriormente explicarán cómo funciona un ergómetro e o alumnado terá a oportunidade de probar a súa destreza.
O ergómetro é unha máquina para realizar unha simulación da acción de remar, pero hoxe en día xa é unha disciplina por sí mesma.
Agardamos que disfrutedes coa experiencia.
Os horarios previstos son os seguintes:

MÉRCORES 09 DE OUTUBRO
14.00-14:50     4º ESO A
XOVES 10 DE OUTUBRO
09:20-10:20     5º A EP
10:20-11:15     5º B EP
11:15-12:05     1º ESO A
12:05-12:55     2º ESO A
13:10-14:00     3º ESO B
14:00-14:50     1º ESO B
VENRES 11 DE OUTUBRO
09:20-10:10     2º ESO B
11:30-12:20     6º B EP
12:20-13:10     6º A EP
13:10-14:00     3º ESO B
14:00-14:50     1º ESO B

viernes, 4 de octubre de 2019

TRABALLO QUECEMENTO 1º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.
Os grupos son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Andrés, Alejandro,Javier e Candela.
GRUPO 2. Miguel, Daniela, Carlos L. e Alba.
GRUPO 3. Sara, Leire, Pablo e Nicolás.
GRUPO 4. Jacobo, Alejandra, Elba e Marta.
GRUPO 5. Alejandro R., Sarai, Elmo, Víctor e Dani.
1º ESO B
GRUPO 1. Xavi, Gabriel, Ana e Antía.
GRUPO 2. Candela, Zóe, Anxo e Alba.
GRUPO 3. Lydia, Jacobo, Laura e Ángel.
GRUPO 4. Sara, David, Pablo e Mateo.
GRUPO 5. Óscar, Ainhoa, Aarón e Victoria.