domingo, 6 de octubre de 2019

XORNADAS DE REMO

Esta semana estarán no CPI Cruz do Sar integrantes do Clube de Remo Olímpico do Mandeo - Bergondo para ofrecer ao alumnado da ESO e aos de 5º e 6º de Educación Primaria unha aproximación ao mundo do remo olímpico. Adicarán unha sesión a cada un dos cursos onde realizarán unha pequena presentación de 5-10' e posteriormente explicarán cómo funciona un ergómetro e o alumnado terá a oportunidade de probar a súa destreza.
O ergómetro é unha máquina para realizar unha simulación da acción de remar, pero hoxe en día xa é unha disciplina por sí mesma.
Agardamos que disfrutedes coa experiencia.
Os horarios previstos son os seguintes:

MÉRCORES 09 DE OUTUBRO
14.00-14:50     4º ESO A
XOVES 10 DE OUTUBRO
09:20-10:20     5º A EP
10:20-11:15     5º B EP
11:15-12:05     1º ESO A
12:05-12:55     2º ESO A
13:10-14:00     3º ESO B
14:00-14:50     1º ESO B
VENRES 11 DE OUTUBRO
09:20-10:10     2º ESO B
11:30-12:20     6º B EP
12:20-13:10     6º A EP
13:10-14:00     3º ESO B
14:00-14:50     1º ESO B

No hay comentarios:

Publicar un comentario