martes, 22 de octubre de 2019

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE 19-20

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 3º de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.
Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada).

A actividade realizaríase en principio no mes de xaneiro (12-16) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente entre os 360 euros (de ser 55 alumnos) ou 390 euros (de ser 35 alumnos)
A actividade estará aberta a todo o alumnado de 3º de ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o mércores 30 de outubro. 
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario