jueves, 31 de octubre de 2024

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta avaliación rematamos de traballar co alumnado de 3º e 4º de ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 19-20 tratamos de  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar no seguinte enlace. Neste histórico só entran as dez mellores marcas de cada proba. Aínda faltan por actualizar con datos deste curso as marcas de 1º e de 2º.

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

miércoles, 30 de octubre de 2024

REUNIÓN SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 99 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.

A viaxe será, se a neve o permite, do día 15 ao 19 de decembro (esquiando os días 16, 17, 18 e 19) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persona será de 500 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 22 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario (100 rifas a 2€) teñen que ingresar os 200€ na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outro talonario (ingresando cando os vendan outros 200€). Do terceiro talonario (50 rifas a 2€) quedarían cos cartos (100€) para recuperar a fianza.

No caso de non poder ir finalmente á excursión as rifas non vendidas e o importe das rifas vendidas debe ser reintegrado ao centro, se algunha familia non está dacordo que non recolla as rifas.

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 14 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

lunes, 21 de octubre de 2024

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

                          SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLO ALUMNADO  / 4º ESO

Día de realización da sesión: luns, 11 de Novembro

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial (quecemento), principal (4 exercicios ou xogos de forza e 4 exercicios ou xogos de velocidade) e final (estiramentos ou exercicios de relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e/ou estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos compoñentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Martina, Álex, Noelia e Alejandro.
2. Keri, Chiaffi, Ainhoa e Miguel.
3. Saray F., Alejandra, Sara e Saray G.
4. Juan, Claudia, Cristian e Hugo.
5. Adri, Natalia, Desi e Lucas.
6. Estela, Jose, Paloma e Alonso.

GRUPOS 4º ESO B
1. Yerai, Telma, Leyre e Dasha.
2. Joshua, Claudia, Celia e Brais.
3. Lola, Paula, Lorena e Lucía.
4. Aroa, Manu, Simón e Javier.
5. Rivas, Salorio, Diego e Irene.
6. Eva, Bruno e David.

lunes, 14 de octubre de 2024

AUTORIZACIÓN SEMANA NEVE 24-25

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 6º de EP e ESOEsta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.

Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co  depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización é ata o venres 25 de outubro. No caso "improbable" de ter máis de 104 alumnos anotados terá preferencia o alumnado de 6º de EP e 2º e 3º de ESO que cumpran os prazos, despois completaríase co resto de cursos por orde de ingreso do depósito.

O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do  01 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.

A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (15-19) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría arredor dos 500 €.


O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

martes, 1 de octubre de 2024

UNIDADES ESO 1ª AVALIACIÓN

As unidades que estamos a  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 3. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 3. Voleibol
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 4
UD 3. Baloncesto