miércoles, 30 de octubre de 2024

REUNIÓN SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 99 alumnos de 6º de EP e ESO para dita actividade. Levaremos dous autocares de 55 prazas.

A viaxe será, se a neve o permite, do día 15 ao 19 de decembro (esquiando os días 16, 17, 18 e 19) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persona será de 500 euros. No caso de querer facer snow hai que pagar un suplemento de 22 euros. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso e contar coa autorización da súa familia.

Estamos a repartir rifas para financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario (100 rifas a 2€) teñen que ingresar os 200€ na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo o nome e apelidos do alumn@ e poderían recoller outro talonario (ingresando cando os vendan outros 200€). Do terceiro talonario (50 rifas a 2€) quedarían cos cartos (100€) para recuperar a fianza.

No caso de non poder ir finalmente á excursión as rifas non vendidas e o importe das rifas vendidas debe ser reintegrado ao centro, se algunha familia non está dacordo que non recolla as rifas.

Realizaremos unha reunión coas familia no AUDITORIO da SENRA o XOVES 14 de NOVEMBRO ás 20:00h para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe ademais de aclarar as dúbidas que poidan xurdir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario