Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o acordo co depósito dunha fianza de 100 euros que perderán se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada). O prazo para entregar a autorización é ata o venres 25 de outubro. No caso "improbable" de ter máis de 104 alumnos anotados terá preferencia o alumnado de 6º de EP e 2º e 3º de ESO que cumpran os prazos, despois completaríase co resto de cursos por orde de ingreso do depósito.
O alumnado anotado para a actividade deberá facer o depósito dunha fianza de 100 euros antes do 01 de novembro na conta ES19 2080 0045 9130 4000 7164 poñendo en observacións o nome e apelidos do alumn@.
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (15-19) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría arredor dos 500 €.
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario