lunes, 23 de junio de 2025

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

 Os resultados da avaliación final en Secundaria realizada o luns día 23 de xuño  foron os seguintes: 

1º ESO A:      24 alumnos        24  aprobados      00 suspensos         100% aprobados

1º ESO B:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 1º      48 alumnos        24 aprobados       00 suspensos          100% aprobados


2º ESO A:      24 alumnos        24 aprobados       00 suspensos        100% aprobados

2º ESO B:      25 alumnos        25 aprobados       00 suspensos         100% aprobados

TOTAL 2º     49 alumnos        49 aprobados       00 suspensos         100% aprobados


3º ESO A:     19 alumnos         19 aprobados        00 suspensos       100% aprobados

3º ESO B:     19 alumnos         18 aprobados        01 suspensos         95% aprobados

TOTAL 3º    38 alumnos         37 aprobados        01 suspensos         97% aprobados


4º ESO A:     24 alumnos         23  aprobados       01 suspensos        96% aprobados

4º ESO B:     24 alumnos         23 aprobados        01 suspensos        96% aprobados

TOTAL 4º:   48 alumnos         46  aprobados       02 suspensos        96% aprobados


TOTAL        183  alumnos       180 aprobados      03 suspensos        98% aprobados

sábado, 21 de junio de 2025

FIN DE CURSO 24-25

Rematamos o curso!! Recoñezo que esta semana fíxoseme especialmente longa. Ás veces resultades moi pesados co tema dos balóns e de baixar ao patio. A razón de non deixar balóns os derradeiros días foi que había 12 balóns de fútbol no almacén e o mércores quedaban 5. E NON HAI MÁIS QUE DICIR!!!.
O responsable do material deportivo é o xefe de do departamento de EF, que malia que vos pese, son eu; e por tanto decido cando se pode deixar material e cando non. A norma do departamento é NON DEIXAR MATERIAL NUNCA. Por iso deixamos material nos bauis para os períodos de lecer.
A RESPONSABILIDADE de que non quede material no baúl É VOSA. Estou un pouco farto de que non asumades as vosas responsabilidades. Os profes non utilizamos o material, se o perdedes, o "embarcades" como dicides vós ou o tirades para a finca de ao lado ou para o tellado É CULPA VOSA.
Sempre podedes traer os vosos balóns e perdelos. Como xefe do departamento de EF non estou disposto a tolerar un mal uso do material do centro. APRENDEDE ou ASUMIDE AS CONSECUENCIAS. É así de fácil.
O mesmo podería dicir do material de xogo das clases: os taboleiros de xadrez e de parchís. Non hai un xogo completo de fichas en ningunha clase, é vergonzoso ver como tratades un material que é de todos.
En fin, despois de desfogarme un pouco, tamén quería desexarvos unhas boas vacacións, que descansedes e recarguedes pilas e que voltedes o vindeiro curso con ánimos renovados e con ganas de aprender un pouco. Se tedes algo de tempo libre facede unha reflexión sobre como foi o voso curso, se merecedes as notas que levades e canta marxe de mellora tedes.
Unha aperta a todos. Bo verán.
 

miércoles, 18 de junio de 2025

DESPEDIDA 4º ESO PROMOCIÓN 15-25

Un día espertamos e atopámonos con que é o derradeiro día no  centro no que levamos dez anos. Lembramos todos os  bos momentos vividos, as frustracións que sentimos, retrincos da nosa vida que quedarán para sempre nos nosos corazóns.

Pero o futuro é noso, esta etapa que finalizamos non é máis que unha pequena parte do que nos resta por vivir, e debemos afrontala con decisión e valentía, con toda a esperanza posta nos nosos soños. Loitar polo que desexamos debe ser agora a nosa prioridade.

Coma un vello carcamal que queda anclado no Cruz do Sar deséxovos toda a sorte do mundo neste camiño que emprendedes, tratade de crer en vós mesmos e nas vosas posibilidades, desfrutade da vida todo o que poidades tendo en conta que a sorte sen traballo non permite alcanzar os obxectivos que pretendemos.

Dous consellos: o primeiro é que tratedes de ser boas persoas e poñervos no pelexo dos demais para saber como se poden sentir; o segundo é que fuxades da avaricia, para mín a orixe da maioría dos problemas da especie humana. Ás veces me teredes escoitado dicir que o mundo se acaba, espero que vos dé tempo a disfrutar das vosas vidas.

Nada máis, aquí estaremos SEMPRE para todo o que precisedes, sexa a nivel persoal ou profesional, xa sabedes que o Cruz do Sar sempre será a vosa casa. E como lle digo a todos os que marchan:

MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.

UN ABRAZO ENORME

martes, 17 de junio de 2025

FOTOS ACAMPADA

Déixovos o enlace coas fotos que sacamos na acampada. Se alguén quere que quite algunha delas do álbum que mo comunique sen problema. Xa sabedes, pinchade no enlace de abaixo ou no icono da foto na columna da esquerda do blogue.

https://photos.app.goo.gl/HEqULeoBVR54wi7q8



MEMORIA ACAMPADA 24-25

 

O domingo 15 e o sábado 16 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do Concello o domingo e pasamos parte da mañá montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de xogar un partido de fútbol e outros de poñer en común toda as chuminadas que levaron. O proceso de montaxe da tendas estivo moi ben, case todos sabían montar as súas tendas con máis ou menos pericia e non faltaba ningún elemento indispensable. Non fixo falla recurrir ás tendas de reforzo que levábamos. 

Pola tarde o sol e un vento frío e incómodo acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañaunos Abel con Reboiras na embarcación auxiliar; aínda que tamén andaba por alí Rocío axudando nas tarefas de material e embarque. Todos eles vellos coñecidos do Clube Fragas do Eume Kaiak. Os nosos intrépidos palistas foron remontando o río, coma sempre con moito esforzo e moitas queixas, seguíndoo ata o seu estreitamento e volta ao embarcadoiro onde o vento converteu o tradicional baño final nun "sálvese o que poida". Á hora da cea moita fame, a comida coma sempre, regular tirando a mal. E despois, a durmir.... o que se poido...  e o que nos deixaron...

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, pickleball, voleibol, risas e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. Nesta ocasión malia non ter piscina quedámonos ata as sete e media chegando de volta a Bergondo sobre as 20:15.

Moi bo comportamento pola vosa parte, aínda que eu vos berre igual. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Grazas a tod@s, sobre todo a Manuel, que se incorporou o domingo para axudarme na ruta de sendeirismo. Vémonos na seguinte. 

martes, 3 de junio de 2025

PROGRAMACIÓN E MATERIAL ACAMPADA

 1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO (Domingo 15 de xuño)

09:45   Saída de Bergondo (CONCELLO)
10:30   Chegada ao Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:00   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:45   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea

2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS (Luns 16 de xuño)
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
18:00 ou 20:00  Regreso a Bergondo
19:00 ou 21:00  Chegada a Bergondo (CONCELLO)
 
PREZO:  45  EUROS (Cámping / Ruta Piragüismo). Pódese realizar o pago ata o MÉRCORES 11 de xuño, contamos con que vaian todos os que entregaron a autorización.
 
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA (Que a monten na casa antes de ir á actividade e que comproben que están tódolos elementos necesarios)
- SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas ou escarpíns, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns / Calzado de reposto / Toalla de ducha e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar a roupa para cambiarnos o día da ruta en kaiak e para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida...
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

AUTORIZACIÓN RAFTING 24-25

departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar organiza unha saída o venres día 27 de Xuño co alumnado de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball, esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.

rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.

·   O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.

·   saída será do concello de Bergondo  ás 08:30 h. do día 27 de Xuño.

·   Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.

·   A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.

·   A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.

·  O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €)  e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).

·    É obrigatorio saber nadar.

·  MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.

·    Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.

·  A data límite para entregar as autorizacións é o luns 09 de xuño e para pagar o mércores 18 de xuño.