martes, 17 de junio de 2025

MEMORIA ACAMPADA 24-25

 

O domingo 15 e o sábado 16 de xuño trinta e catro alumnos e alumnas de 2º de ESO acercaronse ao cámping Fragadeume en Queixeiro (Monfero). Saímos ás 10:45 do Concello o domingo e pasamos parte da mañá montando as tendas de campaña e colocando dentro as nosas pertenzas, algúns aínda tiveron tempo de xogar un partido de fútbol e outros de poñer en común toda as chuminadas que levaron. O proceso de montaxe da tendas estivo moi ben, case todos sabían montar as súas tendas con máis ou menos pericia e non faltaba ningún elemento indispensable. Non fixo falla recurrir ás tendas de reforzo que levábamos. 

Pola tarde o sol e un vento frío e incómodo acompañounos no noso traslado a As Eiras (Lagares) para facer a nosa impresionante ruta en Kaiak polo río Fray Bermuz, afluente do Eume. Este ano acompañaunos Abel con Reboiras na embarcación auxiliar; aínda que tamén andaba por alí Rocío axudando nas tarefas de material e embarque. Todos eles vellos coñecidos do Clube Fragas do Eume Kaiak. Os nosos intrépidos palistas foron remontando o río, coma sempre con moito esforzo e moitas queixas, seguíndoo ata o seu estreitamento e volta ao embarcadoiro onde o vento converteu o tradicional baño final nun "sálvese o que poida". Á hora da cea moita fame, a comida coma sempre, regular tirando a mal. E despois, a durmir.... o que se poido...  e o que nos deixaron...

Ao día seguinte ruta zigzagueante e de baixada pola mañá seguindo parte do GR-55 Ruta do Medievo (sendeiro de Gran Percorrido entre Betanzos e San Andrés de Teixido)  ata a ponte de Santa Ana en Caaveiro e despois ata a Alameda do Río Eume antes do Centro de Interpretación das Fragas do Eume  (12-14 km de natureza e beleza). E despois de xantar futbolín, pickleball, voleibol, risas e recollida de tendas para voltar a Bergondo e á nosa rutina. Nesta ocasión malia non ter piscina quedámonos ata as sete e media chegando de volta a Bergondo sobre as 20:15.

Moi bo comportamento pola vosa parte, aínda que eu vos berre igual. A verdade é que é un verdadeiro pracer levarvos a calqueira actividade. Grazas a tod@s, sobre todo a Manuel, que se incorporou o domingo para axudarme na ruta de sendeirismo. Vémonos na seguinte. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario