O rafting consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos. A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
· O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
· A saída será do concello de Bergondo ás 08:30 h. do día 27 de Xuño.
· Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa A Barosa.
· A chegada será entre ás 20:00 ou 21:00 horas.
· A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.
· O prezo é de 46 euros, esto inclúe a actividade de rafting (24 €) e de paintball (22 € con cargador de 200 bolas).
· É obrigatorio saber nadar.
· MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar ou escarpíns e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
· Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue e Fernando Pazos.
· A data límite para entregar as autorizacións é o luns 09 de xuño e para pagar o mércores 18 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario