Pero o futuro é noso, esta etapa que finalizamos non é máis que unha pequena parte do que nos resta por vivir, e debemos afrontala con decisión e valentía, con toda a esperanza posta nos nosos soños. Loitar polo que desexamos debe ser agora a nosa prioridade.
Coma un vello carcamal que queda anclado no Cruz do Sar deséxovos toda a sorte do mundo neste camiño que emprendedes, tratade de crer en vós mesmos e nas vosas posibilidades, desfrutade da vida todo o que poidades tendo en conta que a sorte sen traballo non permite alcanzar os obxectivos que pretendemos.
Dous consellos: o primeiro é que tratedes de ser boas persoas e poñervos no pelexo dos demais para saber como se poden sentir; o segundo é que fuxades da avaricia, para mín a orixe da maioría dos problemas da especie humana. Ás veces me teredes escoitado dicir que o mundo se acaba, espero que vos dé tempo a disfrutar das vosas vidas.
Nada máis, aquí estaremos SEMPRE para todo o que precisedes, sexa a nivel persoal ou profesional, xa sabedes que o Cruz do Sar sempre será a vosa casa. E como lle digo a todos os que marchan:
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
UN ABRAZO ENORME
No hay comentarios:
Publicar un comentario