viernes, 20 de diciembre de 2019

VACACIÓNS DE NADAL

Bueno, pois ata aquí chegou este ano 2019 no aspecto académico. Para mín un ano especial pola adaptación a un centro novo: o CPI Cruz do Sar. Grazas a tod@s por facer que xa me sinta case coma no meu vello centro e por aturarme estes tres meses. O venres  20 de decembro despedímonos do cole ata o 2020. Deséxovos a tod@s unhas felices festas coas vosas familias e unha boa entrada neste ano que nos agarda á volta da esquina. Lembrade que estaremos de volta o día 08 de xaneiro no CPI Cruz do Sar.
BO NADAL!!!.

miércoles, 18 de diciembre de 2019

RESULTADOS 1ª AVALIACIÓN ESO

Os resultados da  1ª avaliación  en Secundaria na materia de Educación Física realizada os días 17 e 18 de decembro  foron os seguintes:
1º ESO A:     21 alumnos          15 aprobados        6 suspensos         71% aprobados
1º ESO B:     21 alumnos          17 aprobados        4 suspensos         81% aprobados
TOTAL 1º    42 alumnos          32 aprobados       10 suspensos         76% aprobados

2º ESO A:      30 alumnos           20 aprobados      10 suspensos       67% aprobados
2º ESO B:     29 alumnos           24  aprobados      5 suspensos         83% aprobados
TOTAL 2º     59 alumnos           44 aprobados       15 suspensos       75% aprobados

3º ESO A:     23 alumnos          23 aprobados         0 suspensos        100% aprobados
3º ESO B:     23 alumnos          23 aprobados         0 suspensos        100% aprobados
 TOTAL 3º   56 alumnos          46 aprobados         0  suspensos       100% aprobados

4º ESO A:     21 alumnos          21 aprobados        0 suspensos       100% aprobados
4º ESO A:     22 alumnos          19 aprobados        3 suspensos        86% aprobados
TOTAL 4º :   43 alumnos         40 aprobados        3 suspensos       93% aprobados

TOTAL   190  alumnos   162 aprobados    28 suspensos   85% aprobados

domingo, 15 de diciembre de 2019

TORNEO NADAL FÚTBOL-SALA

Como ven sendo costume no CPI Cruz do Sar esta derradeira semana antes de Nadal celebrarase o agardado Torneo de Nadal organizado polo alumnado de 4º de ESO. Ademais aproveitarán o evento para tratar de recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso. Os horarios aproximados do torneo serán os seguintes:
MÉRCORES 18 de DECEMBRO
2ª HORA: 3º ESO A - 4º ESO A (A)
3ª HORA: 3º ESO B - 4º ESO B (B)
6ª HORA: GAÑADOR A - GAÑADOR B (E)

XOVES 19 de DECEMBRO
1ª HORA: 1º ESO B - 2º ESO B (C)
2ª  HORA: 1º ESO A - 2º ESO A (D)
5ª HORA: GAÑADOR C - GAÑADOR D (F)

VENRES 20 de DECEMBRO
3º HORA: 3º,4ª PUESTO: PERDEDOR E - PERDEDOR F
4º HORA: FINAL:  GAÑADOR E - GAÑADOR F

martes, 10 de diciembre de 2019

NOTAS 1ª AVALIACIÓN ESO

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 1º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. Un saúdo a todos.
1º ESO A
AVALIACIÓN PRÁCTICA 1º ESO A
1º ESO B
AVALIACIÓN PRÁCTICA 1º ESO B
 2º ESO A 
2º ESO B
3º ESO A
3º ESO B
4º ESO A
AVALIACIÓN PRÁCTICA 4º ESO A
4º ESO B

domingo, 8 de diciembre de 2019

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta primeira avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Tódolos anos imos facer unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende este curso 19-20 imos  levar un pequeno histórico dos resultados desas probas que podedes consultar aquí e tamén, a partir de xaneiro, no taboleiro que queremos poñer no ximnasio. Neste histórico só entraran as dez mellores marcas de cada proba. HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA.

miércoles, 20 de noviembre de 2019

REUNIÓN SEMANA NEVE

O xoves 21 de novembro ás 16:00 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 01 e 05 de marzo.

O prezo por persona é de 370 euros. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros (en total 390 euros).

Se hai algún alumn@ que precise dalgún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento e queredes falar co profesorado que imos con eles podedes  chamarme ou comentarmo na reunión.

jueves, 14 de noviembre de 2019

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 54 alumnos de 6º de EP e 3º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar un autocar de 63 prazas.

Debido a motivos persoais dos que organizamos a actividade  vémonos na obriga de cambiar de datas e finalmente terá lugar entre os días 01 e 06 de marzo (esquiando os días 02, 03, 04 e 05) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron o curso pasado.

O prezo por persona estará entre os 360- 370 euros. No caso de querer facer snow o suplemento é  de 20 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Para facer snow deberán levar  protectores de pulso.

Empezaremos a repartir esta semana ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que traer os 100 euros e poderían recoller outro ata un máximo de cinco. IMPORTANTE: Non recollemos moedas, só billetes.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
MATERIAL: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, pantalón de neve, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns altos (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

O XOVES 21 DE NOVEMBRO ás 16.00 teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.    

viernes, 8 de noviembre de 2019

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

As datas dos exames teóricos da 1ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:
1º ESO A: 29 de novembro
1º ESO B: 28 de novembro
2º ESO A: 21 de novembro
2º ESO B: 20 de novembro
3º ESO A: 22 de novembro
3º ESO B: 21 de novembro
4º ESO A: 20 de novembro
4º ESO B: 20 de novembro

martes, 22 de octubre de 2019

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE 19-20

O departamento de Educación Física do CPI Cruz do Sar está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de 3º de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.
Esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van (a non ser que sexa unha causa xustificada).

A actividade realizaríase en principio no mes de xaneiro (12-16) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo estaría aproximadamente entre os 360 euros (de ser 55 alumnos) ou 390 euros (de ser 35 alumnos)
A actividade estará aberta a todo o alumnado de 3º de ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o mércores 30 de outubro. 
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

domingo, 20 de octubre de 2019

UNIDADES 1ª AVALIACIÓN ESO

Como falamos o primeiro días de clase e como tedes nas vosas presentacións de materia, as unidades que imos  ver durante esta 1ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:
1º ESO
UD 1. Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición Física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1
2º ESO
UD 1. Condición Física e saúde 2
UD 2. Habilidades ximnásticas 2
3º ESO
UD 1. Condición Física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2: Saltos e lanzamentos
4º ESO
UD 1. Condición Física e saúde 4
UD 2. Actividades de raqueta 2: Badminton 2

martes, 15 de octubre de 2019

FOTOS XORNADAS REMO 19-20

Durante as xornadas de remo que tivemos a semana pasada saquei bastantes fotos. Moitas estaban movidas ou borrosas polo que só subín as que estaban aceptables. Pido desculpas a aqueles que non saen en ningunha foto. Ás fotos podedes acceder pinchando no enlace seguinte: 
Tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade no menú da esquerda do blogue. Espero que a actividade vos gustara. Un saúdo a tod@s.

domingo, 6 de octubre de 2019

XORNADAS DE REMO

Esta semana estarán no CPI Cruz do Sar integrantes do Clube de Remo Olímpico do Mandeo - Bergondo para ofrecer ao alumnado da ESO e aos de 5º e 6º de Educación Primaria unha aproximación ao mundo do remo olímpico. Adicarán unha sesión a cada un dos cursos onde realizarán unha pequena presentación de 5-10' e posteriormente explicarán cómo funciona un ergómetro e o alumnado terá a oportunidade de probar a súa destreza.
O ergómetro é unha máquina para realizar unha simulación da acción de remar, pero hoxe en día xa é unha disciplina por sí mesma.
Agardamos que disfrutedes coa experiencia.
Os horarios previstos son os seguintes:

MÉRCORES 09 DE OUTUBRO
14.00-14:50     4º ESO A
XOVES 10 DE OUTUBRO
09:20-10:20     5º A EP
10:20-11:15     5º B EP
11:15-12:05     1º ESO A
12:05-12:55     2º ESO A
13:10-14:00     3º ESO B
14:00-14:50     1º ESO B
VENRES 11 DE OUTUBRO
09:20-10:10     2º ESO B
11:30-12:20     6º B EP
12:20-13:10     6º A EP
13:10-14:00     3º ESO B
14:00-14:50     1º ESO B

viernes, 4 de octubre de 2019

TRABALLO QUECEMENTO 1º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.
Os grupos son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Andrés, Alejandro,Javier e Candela.
GRUPO 2. Miguel, Daniela, Carlos L. e Alba.
GRUPO 3. Sara, Leire, Pablo e Nicolás.
GRUPO 4. Jacobo, Alejandra, Elba e Marta.
GRUPO 5. Alejandro R., Sarai, Elmo, Víctor e Dani.
1º ESO B
GRUPO 1. Xavi, Gabriel, Ana e Antía.
GRUPO 2. Candela, Zóe, Anxo e Alba.
GRUPO 3. Lydia, Jacobo, Laura e Ángel.
GRUPO 4. Sara, David, Pablo e Mateo.
GRUPO 5. Óscar, Ainhoa, Aarón e Victoria.

domingo, 29 de septiembre de 2019

BENVIDA AO CPI CRUZ DO SAR

Ola a tod@s:
Hoxe iniciamos unha nova andaina con esta bitácora adicada ó departamento de Educación Fisica do CPI Cruz do Sar. A nosa idea é introducir pouco a pouco novas, contidos e fotos relacionadas co departamento de Educación Física do centro. Agardamos que sexa un avance máis na relación entre alumnado e profesorado.