domingo, 31 de marzo de 2024

VOLTA ÁS AULAS

O martes 02 de abril voltamos ás aulas. Espero que descansarades e recargarades pilas para a avaliación que queda. Benvid@s de novo ao centro.

domingo, 24 de marzo de 2024

FOTOS ACROSPORT 23-24


Déixovos ao alumnado de 3º ESO o enlace para acceder ás fotos sacadas na última clase de acrosport adicada ás grandes estruturas. Grazas ás persoas que colaboraron na toma das fotografías.

https://photos.app.goo.gl/9Ppb65mnjLuxdZnT7

jueves, 21 de marzo de 2024

FOTOS III TORNEO XADREZ



No seguinte enlace tedes o acceso ás fotos que sacamos durante o torneo de xadrez. Cando as vexades co paso do tempo teredes unha lembranza de cando erades "xadrecistas". Agradecer ás alumnas de 3ª de ESO o seu traballo coma fotógrafas. Lembrade que tamén podedes acceder ás fotos das distintas actividades no menú da esquerda do blogue onde aparecen as actividades (para poder ver este menú dende o móbil hai que poñer a versión web)



miércoles, 20 de marzo de 2024

RESULTADOS III TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Este mércores 20 de marzo celebramos no CPI  Cruz do Sar o III Torneo de Xadrez. Houbo un total de 96 participantes dos diferentes cursos da ESO e de 5º e 6º de Educación Primaria. O noso torneo vai medrando e incorporando novos paticipantes.

Felicitar a tod@s, en especial aos de 1º da ESO e 5º e 6º de EP que era a primeira vez que participaban no torneo.  Agradecervos a todos a vosa participación, o voso comportamento e tamén a vosa inapreciable axuda na colocación e na recollida de todo o material: taboleiros, mesas e sillas. En canto aos resultados hai unha clasificación  e uns están máis arriba e outros maís abaixo. Para mín todos sodes gañadores pola experiencia de xogar un "torneo case real" e por ser capaces de pasar un rato sentados e pensando (uns máis ca outros). Tede en conta tamén que as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ. Tamén lembrarvos que para mellorar hai que xogar algo durante todo o ano e non só xogar o torneo do centro.

Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado:   Pedro Marcos Otero
2º Clasificado:   Víctor Fariña Roo
3º Clasificado:   Aldán Rodríguez Mallo
4º Clasificado:   David Alonso Negreira
Mellor alumna clasificada:   Alma Fernández Barros
Mellor clasificado de 5º de EP:   Luis Sanjurjo Portero
Mellor clasificado de 6º de EP:   Diego Rivadulla Hermida
Mellor clasificado de 1º de ESO:   Marcos Diéguez Barral
Mellor clasificado de 2º de ESO:   David Alonso Negreira
Mellor clasificado de 3º de ESO:   Miguel Salorio Campi
Mellor clasificado de 4º de ESO:   Pedro Marcos Otero

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. 

Tamén quería pedir desculpas a Nuno de 1º de ESO e Luján de 2º de ESO por ter cometido algun erro durante a toma de datos de victorias e derrotas. Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

domingo, 17 de marzo de 2024

III SEMANA XADREZ CPI CRUZ DO SAR

Coincidindo coa celebración o día 20 de marzo do noso III Torneo de Xadrez no CPI Cruz do Sar durante toda a semana do 17 ao 21 de marzo teremos no pavillón todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. 

Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender. Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días.
ANIMÁDEVOS

jueves, 14 de marzo de 2024

III TORNEO XADREZ CPI CRUZ DO SAR. NORMAS

   


     O vindeiro mércores 20 de marzo celebraremos a III edición do noso torneo de xadrez CPI Cruz do Sar. O torneo comezará sobre as 09:30 da mañá do mércores no pavillón. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao pavillón en canto toque o timbre de entrada . O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a ningunha clase ese día.

     Hai un total de 96 alumn@s anotados entre 5º e 6º de Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.


     O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaráselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.

        

HORARIOS DE CADA RONDA

 

1ª Ronda: 09:30

2ª Ronda: 10:00

3ª Ronda: 10:30

4ª Ronda: 11:00

 

11:30 – 12:00  DESCANSO

 

5ª Ronda: 12:00

6ª Ronda: 12:30

7ª Ronda: 13:00

8ª Ronda: 13:30

 

Sorte a todos, lembrade que no xadrez é preciso manter o silencio e grazas pola vosa participación.

domingo, 25 de febrero de 2024

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO 2º AVALIACIÓN

 As datas dos exames teóricos da 2ª avaliación para os distintos grupos da ESO son as seguintes:



2º ESO B: 05 de marzo
3º ESO A: 29 de febreiro
3º ESO B: 29 de febreiro
4º ESO A: 04 de marzo
4º ESO B: 04 de marzo

martes, 16 de enero de 2024

UNIDADES ESO 2ª AVALIACIÓN

 As unidades que imos ver durante esta 2ª avaliación nos cursos de educación secundaria son as seguintes:

1º ESO
UD 4. Balonmán
UD 5. Xogos populares e alternativos 1
2º ESO
UD 2. Atletismo 1
UD 4. Fútbol sala
UD 5. Floorball
3º ESO
UD 2. Atletismo 2
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 2. Actividades de raqueta 2.
UD 5. Xogos populares e alternativos 4.
UD 6. O ritmo

lunes, 15 de enero de 2024

FOTOS SEMANA NEVE 23-24


Aquí tedes unha escolleita das fotos que reunimos entre todos, podedes aceder a elas no seguinte enlace ou pinchando na foto da actividade do menú da esquerda. Saúdos a tod@s.




MEMORIA SEMANA NEVE 23-24


REGRESAMOS. Finalmente e en dúas etapas conseguimos volver a Bergondo sans e salvos. O 12 de xaneiro as 94 personas do CPI Cruz do Sar, nun bus ás 09:30 e noutro ás 16:30, voltamos da nosa viaxe a Jaca. Qué odisea!!!

En fin, para mín xa sabedes que o máis importante é que non houbo lesionados de gravedade, o resto son simples anécdotas que lembraremos con risas nos vindeiros anos. Espero que disfrutarades da experiencia e da intensidade coa que se viven os días na neve. Moitos xa sodes case expertos e para outros foi o voso primeiro contacto co esquí.

Agás o mércores que nevou case todo o día tivemos uns días perfectos para o esquí. O luns e martes con moito frío pero o xoves foi un día espectacular. Agradecervos a tod@s a vosa presenza, o voso comportamento e a vosa axuda e colaboración. Este ano, salvo algún caso aislado, foi un pracer estar esta semana na vosa compaña.

Quero que entendades o complicado que é organizar e mover a un grupo tan grande e a responsabilidade que supón para os profesores que prestan o seu tempo para acompañarnos. Espero que algún día vos sexades capaces de valoralo.

Tivemos algunha visita á clínica pero agardamos que se recuperen axiña os poucos lesionados que houbo. Grazas a todos por vir e ao profesorado acompañante por prestarnos o seu tempo: Eva, Lolo, Kike, Fernando e por suposto a Xosé Antonio. Sen todos eles esta actividade non sería posible.